O BNG de Vila de Cruces pide regular o uso dos vehículos municipais
- ecosdacomarca
- 9 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces pide regular o uso dos vehículos municipais. "Xa en anteriores mandatos, gobernandoo PP, o BNG esixía ao goberno municipal que se rotulase o Kia Sportage, utilizado habitualmente polo alcalde, cun logo do concello. O obxectivo que se perseguía era que unha vez rotulado deixara, aínda que só foxe por vergoña allea, de utilizalo como se fose o seu utilitario particular".

Publicidade
O “modus operandi”, sinala o Bloque, "continúa co goberno de Xuntos, tanto o actual alcalde coma algúns do resto de concelleiros seguen empregando coches e furgonetas municipais para o seu uso particular. O uso dos vehículos municipais, ao facerse habitual, córrese o risco de non saber distinguir cando o estás usando oficialmente ou cando é de xeito particular, por iso o alcalde aparca o Kia no seu garaxe privado, ou mesmo poden verse implicados en accidentes, como o que aconteceu a fin de semana pasada coa furgoneta que emprega a diario o tenente de alcalde, do cal queremos saber se foron avisadas ás autoridades competentes".
Por este motivo, "solicitamos dende o BNG, que se rotulen todos os vehículos municipais para poder identificalos, así como que se rexistre o itinerario dos mesmos e que estes se gardan nas dependencias municipais, cando non se precisen para actos ou eventos institucionais ou relacionados coa actividade diaria do traballo municipal, para velar por un uso efectivo e transparente dos bens públicos".
Comments