Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces solicita ao goberno local unha tramitación adecuada e con carácter de urxencia para o camiño de San Paio-A Costiña na parroquia de Merza. Hai meses que urxe este proxecto "tras ser frustrado no mandato do PP".
O voceiro, Álex Fiúza, insta ao goberno local a facer un proxecto de obra cos informes de valoración técnica necesarios para a intervención urbanística no camiño de A Costiña. "Só así se pode ofrecer á veciñanza afectada unha obra con garantías. Trátase dunha obra pública que precisa licitación. Debe valorar debidamente o custo de adquisición de terreos e facer os muros de contención nas mesmas circunstancias".
O partido nacionalista sinala que o camiño dá servizo a 20 vivendas, todas elas habitadas e dúas delas en actual proceso de rehabilitación. "Taboada vende fume, pois aparenta querer poñer solución abrindo o camiño polo extremo como xa fixo a comezos de ano, mais esta intervención necesita dun proxecto de obra e poñer dacordo a toda a veciñanza
afectada. A día de hoxe aínda non falou con tódolos propietarios e no Concello non existe proxecto nin expediente de obra", asegura.
コメント