O BNG de Vila de Cruces fai públicas as emendas aos orzamentos da Xunta para 2024
- ecosdacomarca
- 10 dic 2023
- 2 Min. de lectura
“É fundamental investir na reordenación do territorio, para xerar espazos onde asentar proxectos agroforestais e industriais,” afirma o portavoz nacionalista, Álex Fiúza
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Nacionalista de Vila de Cruces expón a súas emendas aos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. "Para combater a nula proposta en Vila de Cruces do Goberno do PP na Xunta, o BNG presentamos unha serie de emendas aos Orzamentos de 2024, imprescindibeis para a reactivación económica e poboacional do noso concello".

As emendas presentadas céntranse en dous factores fundamentais para poñer a Vila de Cruces no centro do país, como son a reordenación do territorio coas parcelarias en varias parroquias co fin de redimensionar as explotacións xa existentes e facilitar a implementación de outras novas, o acondicionamento de terreo para asentamento de actividade empresarial e industrial a través do acondicionamento dos polígonos, e a mellora de servizos básicos e vitais, como o abastecemento e saneamento dos núcleos rurais, e a mellora dos centros educativos.
Publicidade
1.200.000 euros para o inicio das concentracións parcelarias nas parroquias de Carbia, Loño, Arnego e Toiriz, "posto que se trata de parroquias con excesivo minifundismo, con importantes masas forestais e explotacións gandeiras, así
Publicidade
1.000.000 euros de investimento para iniciar a urbanización dos terreos destinados ao Polígono Agro - Forestal de Aguillóns, "xa que na actualidade Vila de Cruces tan só dispón deses terreos para fin industrial de caracter público. Dentro deste apartado, tamén se contempla a ampliación dos terreos no Polígono do Camballón.
3.500.000 euros para a creación de traídas de auga e saneamento nos núcleos rurais. Captación de auga no río Ulla para o 50% do territorio do concello, e creación de redes de saneamento.
Publicidade
250.000 euros para as melloras do C.E.I.P. CERDEIRIÑAS DE PILOÑO e a reforma
Hozzászólások