top of page

O BNG de Vila de Cruces esixe un control exhaustivo anual das augas públicas de todas as parroquias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces esixe un control exhaustivo anual das augas públicas de todas as parroquias. "O obxectivo deste control é que o Concello verifique que non supoñen un risco para o consumidor e aportar tranquilidade á veciñanza para o consumo do día a día", subliña.

O partido nacionalista asegura que "a preocupación veciñal polo estado da auga das fontes públicas é tal que os propios veciños están a facer, de xeito particular, controis das augas dalgunhas fontes, nos cales os parámetros microbiolóxicos analizados expresan claramente que a auga non é apta para o consumo".


Xa en 2021 dende o grupo nacionalista trasladouse en pleno a necesidade de levar un control máis pormenorizado das augas de consumo público, así como a informar debidamente á veciñanza da potabilidade ou non das augas públicas. "Para as augas de consumo humano subministradas a través dunha rede de autoabastecemento, o Concello debe tomar as medidas necesarias para garantir a realización do control da calidade da auga periodicamente e a elaboración dun informe sobre os resultados obtidos, así como poñer na fonte de abastecemento o resultado da analítica con indicación de se é apta ou non", recalca.

Así mesmo, subliña que dependedo da época do ano, debido a diversas filtracións, como por exemplo os puríns, as augas poden sufrir alteracións nos límites microbiolóxicos e fisicoquímicos aptos para o consumo. "Polo que dende o BNG, esiximos responsabilidade ao equipo de desgoberno de Vila de Cruces e que tomen a petición do BNG como iso, unha petición en prol do benestar da veciñanza, e non como un ataque persoal como sempre fan ante as nosas propostas.”

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page