Cuestiona varias deficiencias en San Tomé de Obra
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces atendendo ás peticións veciñais denuncia "o maltrato que se está a facer ao rural de Vila de Cruces dende o goberno local, así como aos bens e servizos públicos".
En concreto, desta volta fala de San Tomé de Obra. "Dous anos e catro meses das últimas eleccións atopámonos con sinais de Stop tiradas, vallas de madeira na Insua Remesquide en mal estado pola deixadez do mantemento durante anos, bancos caídos xunto ao parque dende hai dous, camiños de monte sen limpar, viais sen limpar e firmes totalmente destrozados no medio da parroquia", asegura o partido nacionalista.
Comments