top of page

O BNG de Vila de Cruces denuncia "a parálise absoluta no departamento urbanístico do Concello"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces insta a Xuntos polo noso Concello a sacar a concurso de inmediato a praza de técnico de urbanismo, proposta que foi levada e aprobada en pleno en setembro de 2021 polo grupo nacionalista, afirmando que fai meses que están elaboradas as bases.

Lamentan que "o desgoberno local de Taboada convertise o Concello no seu chiringuito, optando por adxudicar esta praza «de xeito externo e a dedo» un contrato menor de 18 horas semanais por máis de 1.500 euros ao mes. Tamén recordar que o contrato da persoa que ocupa esta praza foi informado en contra, no seu día pola Secretaría municipal, e que existe unha sentenza do TSXG que obriga ao Concello a volver a sacar a concurso a praza, anulando a anterior selección".

Os nacionalista aseguran que "durante o tempo que leva esta persoa no cargo, dende agosto de 2021, ten paralizado o departamento de Urbanismo, en canto ás tarefas que lle foron asignadas e que están sen resolver, as que afectan de xeito directo á veciñanza son: 26 licencias urbanísticas e de ocupación, 7 declaracións de actividade, 26 expedientes de desbroce e 62 comunicacións previas urbanísticas sen emitir informes nin dar resposta á cidadanía". E insisten en que "o Concello de Vila de Cruces, como os demais, debe estar ao servizo da veciñanza, que paga unha serie de impostos para poder dispoñer de servizos dignos e que resolvan as diferentes cuestións."

Por último, o BNG lembra que "en 2019 apostouse por un cambio nas eleccións municipais, e ese cambio nunca se chegou a materializar, xa que o Concello e a xestión dos seus gobernantes pasaron do oscurantismo ao oscurantismo absoluto, un auténtico caos, que día tras día reduce os poucos servizos que quedan en Vila de Cruces, recortes e esquecemento por parte do alcalde Taboada que se suman aos recortes aos que estamos sometidos por parte da Xunta de Galiza".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page