top of page

O BNG de Vila de Cruces denuncia a "falta de recollida de lixo nas parroquias en varias ocasións"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esixe un plan de xestión de residuos "acorde co concello no que vivimos"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces recalca que leva anos denunciando e solicitando a retirada de vertedoiros incontrolados como o de Balboa, que medran co paso do tempo. "Mais desta vez queremos denunciar algo que vai mais alá, como é a recollida de lixo nas parroquias".

Sinala que "alertados pola veciñanza de Larazo en canto á recollida de lixo, adxuntamos unha imaxe que vale máis que mil palabras. Está situación vén repetíndose en varias ocasións, en diferentes puntos do concello. Isto non se trata de deixadez, senon de incompetencia absoluta por parte de quen desgoberna o noso concello".

Para iso o BNG quere esixir un plan de xestión de residuos "acorde co concello no que vivimos, xa que non só vemos un recorte nos servizos por parte da Xunta de Galiza, senón que quen nos desgoberna deixa máis ao abandono o noso rural, porque non todo se trata de botar formigón nas cunetas, senón tamén de garantir uns servizos decentes para a veciñanza".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page