top of page

O BNG de Vila de Cruces demanda a vacina Covid para os maiores nos centros de saúde

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG vén rexistrar no Concello de Vila de Cruces unha petición ao goberno municipal, para instar á Consellaría de Sanidade, que a vacinación da cuarta dose da Covid 19 se realice nos centros de saúde das localidades, ao igual que o fai a organización nacionalista en todo o país.


"Desde o Bloque trasladamos a nosa total desconformidade coa decisión de non aplicar a vacinación nos centros de saúde, a ultima ademais administrada conxuntamente coa da gripe", explica o portavoz, cruceño, Alex Fiuza.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E insiste en que " inaceptable obrigar a persoas de 80, 85, 90 ou máis anos a desprazarse quilómetros a Santiago de Compostela, co que iso implica de problemas físicos para moitos destes maiores e mesmo tamén de gasto económico, incomodidades como en moitos casos nos que dependen de familiares, veciños ou servizos de transporte tendo en conta as deficiencias que existen no noso concello".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page