top of page

O BNG de Vila de Cruces demanda a regulación das franxas horarias do alumeado público

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

No pleno ordinario do luns 27 de setembro de Vila de Cruces, no apartado de rogos e preguntas, o BNG trasladámoslle ao goberno municipal unha serie de rogos, entre eles a regulación das franxas horarias do alumeado público, que como en todos os plenos, fixeron caso omiso.

"Na imaxe que adxuntamos pódese ver como está acesa ás 15:00 unha luminaria do pavillón municipal, ao igual que estaba todo o alumeado público da rúa. Un exemplo máis do pouco ou nada que lles importa tirar cos cartos públicos de toda a veciñanza de Vila de Cruces", cuestiona o partido nacionalista.

Ademais, asegura que "este non é un caso illado, durante todo o verán o BNG vén recibindo queixas da veciñanza en canto á regulación das franxas horarias de encendido do alumeado eléctrico. Así puidemos ver como por exemplo en Merza o alumeado prende preto da media noite ou mesmo durante o día. Ou no Camballón a iluminaria estaba apagada ás 6:30 horas".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page