top of page

O BNG de Vila de Cruces critica a suspensión do mercado de Nadal por parte do goberno local

"O minigoberno de Xuntos volve fracasar noutra actividade por non escoitar aos sectores afectados e crer que só as súas propostas son as boas", acusa


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

"O minigoberno de Xuntos volve fracasar noutra actividade por non escoitar aos sectores afectados e crer que só as súas propostas son as boas", critica o BNG de Vila de Cruces. "Vimos de coñecer que se suspende o mercado de Nadal que se celebraría este domingo 19 de decembro, e en palabras do propio grupo de goberno, non se cubriron os postos mínimos para realizala. Un exemplo máis da lamentable xestión de alcalde e concelleiros", considera o grupo do BNG.

Ademais, indica que "é evidente que as medidas polas que aposta o desgoberno para apoiar aos sectores máis perxudicados, xa non só pola Covid, senón tamén por décadas de abandono de gobernos anteriores de Vila de Cruces non funcionan".

"Dende o BNG apostamos dende un primeiro momento por escoitar as demandas destes sectores e así o fixemos saber en repetidas ocasións. O comercio e demais negocios locais precisan aire fresco, e iso pasa por tres liñas de acción: formación, promoción e incentivación aos clientes para consumir no local".

Opina que "o mercado de Nadal non sae adiante porque nin se promociona, nin se plantexa nada novidoso que se lle faga atractivo aos propios comerciantes locais. O pasado sábado 11, na actividade de cantos de Taberna, actividade que podería atraer a xente doutros concellos, nin se elaborou o suficiente, e nin tan se quera se contou con todos os bares que lles houbera gustado participar, e dende o BNG non entendemos cal é o criterio polo que negocios interesados en participar, quedaron fóra desta actividade".

Axudas a negocios e empresas

E por último, en relación a liña de axudas directas a negocios e empresas locais polo Covid, recalca que "sempre mantivemos que non son a solución de nada, máis que para un desafogo puntual dos negocios, que loxicamente recibirían cos brazos abertos, máis de seguro que agradecerían ter un goberno capaz de crear as ferramentas e buscar os medios para revivir o concello, xerando sinerxias con actividades económicas que sumen e, que dean a coñecer os nosos negocios e os nosos productos locais".

O BNG de Vila de Cruces.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page