top of page

O BNG de Vila de Cruces convoca para o 24 de maio unha reunión informativa sobre Altri

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Álex Fiuza solicita ao goberno municipal que facilite os medios para que os veciños poidan asistir á manifestación pola defensa do territorio, ALTRI NON! do día 26 en Palas


Ecos da Comarca/Xeral

O BNG de Cruces asistiu a unha das andainas contra Altri celebrada en Santiso. Autor: Ecos da Comarca.

O BNG de Vila de Cruces celebrará o próximo venres 24 de maio ás 20:30 horas no auditorio Xosé Casal, unha reunión informativa para facer coñecedores á veciñanza de Vila de Cruces "das problemáticas económicas, medioambientais e para a saúde que ocasionaría a empresa Altri de asentarse no noso territorio".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Hai meses que vimos alertando no concello da falta de información que hai sobre este atentado medioambiental e colonizador entre a nosa veciñanza. A mediados de marzo presentamos unha moción, que foi aprobada co apoio do grupo do alcalde, para que o goberno redactase alegacións propias e se posicionase en contra deste proxecto. O posicionamento foi público pero nada se sabe das alegacións propias", indica o BNG.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Álex Fiuza solicita tamén ao goberno municipal que facilite os medios para a manifestación pola defensa do territorio, ALTRI NON! do día 26 de maio, para que as persoas que queiran achegarse a Palas de Rei á mobilización así o poidan facer. “Sen esquecerse que ese mesmo día se celebra en Vila de Cruces a feira do Galo de Curral, é importante facilitar transporte ás persoas que queiran estar presentes na manifestación”.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page