top of page

O BNG de Vila de Cruces aposta por un plan de xestión de residuos e compostaxe local

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces aposta por un plan de xestión de residuos e compostaxe local. "A situación que se está a vivir no concello coa recollida do lixo non se pode manter no tempo, xa que ocasionará graves sancións para o municipio. A xestión por parte do goberno é totalmente nula, contedores sen limpar dende a pandemia, parroquias ás que se lle recolle o lixo cada 15 días no mellor dos casos, e sen ningún tipo de recollida en datas sinaladas como aconteceu en Loño e Arnego entre outras, que viron os contedores desbordados durante todo o Nadal", asegura o partido nacionalista.

ree

Ademais, sinala que "o concello de Vila de Cruces atópase adherido ao plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra dende hai catro anos, nos cales nin tan sequera o goberno se achegou para comezar a primeira fase do plan. Ben é certo que este problema da xestión de residuos non é algo do que se fale a diario a pé de rúa, por iso os gobernos que van pasando nunca fixeron nada ao respecto. Mais é fundamental ir dando pasos nesta dirección, xa que de non facelo, acabarase buscando unha solución de urxencia que repercutirá directamente en maiores custos para a veciñanza, privatizando servizos que teremos que pagar todos e todas".

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por estes motivos, o BNG "sinte prioritario avanzar na mellora do servizo de recollida de lixo e crear un Plan para a Xestión de Residuos e Compostaxe Local, que beneficiará á veciñanza, en especial ao sector agrogandeiro, e grandes produtores de bioresiduos como restaurantes ou supermercados. Ademais, a nivel económico creará postos de traballo", subliña.


Explica que este tipo de plan está a funcionar en moitos concellos gobernados polo BNG como Allariz ou As Neves, plantexado para diversos obxectivos, como son a reducción de envases, a transformación dos bioresiduos en compost tanto para producións agrícolas, como para os espazos verdes municipais, e tamén como modelo para traballar a educación ambiental nos centros educativos do municipio.


"Así, mediante este plan e pequenos cambios na xestión do punto limpo, estaríamos avanzando cara a un concello máis ecolóxico, libre de vertedoiros incontrolados e cunha xestión de residuos óptima repercutindo no medio ambiente e na calidade de vida das persoas", destaca o BNG.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page