top of page

O BNG de Vila de Cruces alerta dunha nova paralización do ferri de Portodemouros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"O máis curioso que o cartaz indica a falta de servizo dende o día 17 e non se instalou ata o 18 de outubro", asegura o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Xeral

O BNG de Vila de Cruces alerta dunha nova paralización do ferri de Portodemouros. "O servizo do ferri de Portodemouros vese novamente afectado e o aviso que debe facer a compañía volve a facerse con retraso", critica.

O partido nacionalista indica que "unha vez máis o servizo parado durante cinco días, dende o 17 ao 21 de outubro. O máis curioso que o cartaz indica a paralización dende o día 17 e non se instalou ata o 18 de outubro". E recalcan que "dende o BNG levamos tempo denunciando está situación. Mes si e mes tamén a barcaza deixa de funcionar e os usuarios síntense maltratados pola Xunta que non obriga á concesionaria a ofrecer uns servizos óptimos".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O voceiro nacionalista, Álex Fiuza, insiste en que, "en lugar de facer o peloteo á empresa concesionaria Naturgy dende o goberno local por unha ducia de farolas, se esixa dende Alcaldía o cambio de barca que garanta un servizo de calidade, como así o estamos a facer dende o BNG".


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page