top of page

O BNG de Vila de Cruces alerta "do mal estado de varios parques infantís das parroquias"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces solicitará ao goberno local a mellora das condicións dos parques infantís porque considera que se estopan en mal estado e que incluso, nalgúns deles xa hai un acordo plenario para que se arranxara.


"Denunciamos o mal estado do parque infantil de Santomé de Obra no que se cortaron árbores e se deixaron caer sobre os elementos de xogo. Ademais os bancos hai máis dun ano que están caídos, reparación que o BNG reclamou en repetidas ocasións", subliña.

O parque das Illas de Gres, tal e como sinala, permanece dende hai meses "nun estado lamentable, con bambáns rotos e escadas soltas e fragmentadas".

Por outro lado, "no parque infantil de Merza (A Moa) están saíndo os tornillos da caseta superior e o cerramento de madeira presenta roturas e puntas á vista".


Por último indica que "o parque infantil do Poboado Mineiro de Fontao está totalmente destrozado, xa dende o mandato anterior. Existe un acordo proposto polo BNG e recollido nunha acta de Pleno de 2021 no que se acordaba o compromiso de arranxalo con fondos propios de non conseguir subvención para tal fin".


Por todo isto, esixe ao goberno local atender ás peticións veciñais. "Non se pode tolerar esta discriminación cara as crianzas do rural, pois non somos cidadáns de segunda".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page