top of page

O BNG de Touro, liderado por Xoán Louzao, dá a coñecer o seu programa electoral

Viveiro de empresas, plataforma dixital de venda online, aumento da oferta de vivenda,

xestión directa de madrugadores, centro de día ou punto limpo, son só algunhas propostas


Ecos da Comarca/Touro

Viveiro de empresas, plataforma dixital de venda online, aumento da oferta de vivenda,

xestión directa de madrugadores, centro de día, punto limpo, mellora do transporte, área

de lecer no Ulla, nova xestión da auga, creación dun complexo deportivo, sendas verdes e

locais de ensaio para os grupos e banda de música. Estas son algunhas das propostas que o BNG de Touro vén de presentar e que forman o seu programa de goberno para os próximos catro anos "que porá fin a máis de 30 anos de gobernos continuístas ancorados no século pasado con políticas que para nada resolven os problemas actuais".


O BNG desenvolverá "unha nova forma de gobernar, máis transparente, participativa e inclusiva e cunha xestión rigurosa dos orzamentos municipais. É un programa baseado no desenvolvemento económico: Posta en marcha, en colaboración cos produtores locais, dunha plataforma dixital de venda online. Creación dun viveiro de empresasno polígono empresarial con axudas municipais para a súa instalación. Aproveitar os novos nichos

de emprego en políticas públicas -igualdade, lingua,.... a custo case cero para o concello". Ademais, sinala que o seu obxectio é "adaptar os obradoiros de emprego e cursos de formación aos oficios con máis demanda entre outras medidas".

No acceso á vivenda propón levar a cabo un estudo das necesidades de vivenda no concello; demandar á Xunta a posibilidade de promoción de construción vivendas pública; promocionar a rehabilitación de casas para uso de vivenda habitual e un plan de usos das escolas parroquiais.


"Nos servizos adaptados ás necesidades da poboación do concello: queremos establecer un horario do Punto de Atención á Infancia, así como os veráns lúdicos, en base as necesidades das nais e pais; colaboración activa co CPI, implantando a realización de actividades extraescolares despois do remate da xornada lectiva; xestión directa do servizo de madrugadores por parte do concello; axilización na creación do centro de día; mellora na conexión dixital do concello; mellorar o transporte público adaptándoo ás novas

necesidades e demandas da veciñanza; programas específicos de actividades para persoas maiores polas parroquias ademais dun plan de recollida dos saberes destas persoas para catalogalo e dalo a coñecer".


No respecto ao medio ambiente esixirá a "fin da contaminación da mina e dos cheiros así como rexeitar a megaminería; axilizar as xestións para a creación dun punto limpo no concello; unha nova xestión do ciclo da auga; ampliar a rede de saneamento, comenzando por aquelas aldeas onde é máis necesario e garantir o subministro de auga en épocas de seca estudando a posibilidade da captación nun dos encoros do río Ulla".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto á mellor ordenación do territorio o partido nacionalista de Touro pretende reurbanizar os núcleos urbanos "cun urbanismo máis humano; cambio paulatino do mobiliario urbano máis adaptado e integrado ao entorno; demandar á Deputación o mellora das estradas provinciais; creación de sendas verdes interparroquiais e intermunicipais e de roteiros explicativos que poñan en valor o patrimonio natural e cultural; realizar unha área de lecer no Ulla".


Promoción deportiva e cultural

Na área deportiva e cultural levará a cabo a construción dun complexo deportivo con pista de pádel, posibilidade de cuberta para a piscina e un novo ximnasio; creación de escolas deportivas; mantemento das instalacións deportivas; locais de ensaio para os grupos e banda de música; ampliación dos servizos ao longo da ruta ciclista eurovelo e demandar á Xunta a inclusión do camiño primitivo Arzúa-Amenal como itinerario histórico.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page