O BNG de Silleda renova o 65% da súa candidatura
- Laura Moure
- 18 abr 2023
- 3 Min. de lectura
A organización nacionalista mantén unha clara aposta polo liderado feminino e polo relevo xeracional situando a Erea Rey á fronte dun equipo amplamente renovado
Laura Moure/Silleda
O BNG de Silleda concorre ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio cunha lista renovada nun 65%, e na que se aprecia unha aposta clara polo relevo xeracional, situando a Erea Rey -29 anos- e a Xerardo Díaz Casal -32 anos- nos dous primeiros postos da candidatura. Deste xeito, a organización nacionalista volve apostar polo liderado feminino, pasando o relevo da actual concelleira Tania Cornado, que se sitúa no posto númeo seis, a Erea Rey.
A renovación tamén inclúe nomes como Marcos Cardoso – número catro-, moi coñecido pola súa actividade profesional na hostalería e moi vinculado a colectivos sociais e culturais na Bandeira, o seu lugar de residencia. As outras cinco persoas que concorren por vez primeira son o maitre e responsable de eventos, Enrique Iglesias, o traballador en agro-industria, Antonio Pena, a traballadora en limpeza, Silvia Taboada, a estudante Silvia Escuredo e a xornalista e escritora Ana Cabaleiro.

Doutra banda, repiten persoas con gran peso na organización municipal e ampla experiencia política como as dúas exconcelleiras, Carme Fidalgo –número tres- e Tania Cornado, e o tamén exconcelleiro Matías Rodríguez. Repiten, así mesmo, o técnico en prevención de riscos laborais nunha construtora, Miguel López Sanmartín, e o condutor Manuel Rodríguez Vázquez “Xaquín”.
Candidatura:
1. Erea Rey Presas. Natural da parroquia de Ponte. Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en mediación patrimonial e traballadora no sector do comercio
2. Xerardo Díaz Casal. Afincado en Dornelas. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Asesor tributario. Desenvolve a súa carreira profesional nunha empresa de telecomunicacións, actividade que compaxina coa administración dun negocio de hostelaría
3. Carme Fidalgo Colmeiro. Natural de Saídres, vive en Silleda. Diplomada en Maxisterio. Concelleira do BNG entre 2005 e 2009. Traballa como técnica-administrativa. Actualmente viceresponsábel comarcal do BNG
4. Marcos Cardoso Villanueva. Natural de Campomarzo-Abades, reside na vila da Bandeira. Desevolveu toda a súa traxectoria profeisonal no sector da hostalaría, e actualmente é responsábel nunha empresa hosteleira da comarca. Sempre estivo moi vinculado con colectivos sociais e culturais da Bandeira
5. Enrique Iglesias Fernández. Vive na parroquia de San Fiz de Margaride. Técnico en hostalaría e turismo na rama de servizos, traballa de maitre e responsábel de eventos
6. Ana Rosa Cornado Molina “Tania”. Reside na parroquia de Pazos. Traballadora no servizo de reparto dunha panadaría. Concelleira do BNG en Silleda no último mandato 2019-2023. Está moi vinculada con colectivos da defensa do medio ambiente.
7. Antonio Pena Novoa. Natural da parroquia de O Castro, vive en Silleda. Traballador en agro-industria
8. Silvia Taboada Guzmán. Residente en Silleda. Traballadora dunha empresa de limpeza.
9. Manuel Rodríguez Vázquez “Xaquín”. Natural da parroquia de Negreiros. Condutor.
10. Silvia Escuredo Ramos. Vive en Silleda. Estudante de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela.
11. Miguel López Sanmartín. De Silleda, técnico de prevención de riscos laborais nunha empresa construtora. Moi activo na organización de clubs deportivos e colectivos culturais.
12. Ana Cabaleiro López. Natural de Saídres. Xornalista e escritora. Desenvolve a súa actividade profesional nun gabinete de comunicación institucional.
13. Matías Rodríguez Da Torre. De Silleda. Profesor de linguas galega e portuguesa no ensino secundario. Concelleiro do BNG de 2009 a 2017 no Concello de Silleda.
Suplentes:
1. Xoán Xosé Sánchez Varela. Natural de Silleda, xoeiro e comerciante. Estreito colaborador de colectivos sociais e deportivos da vila desde hai décadas.
2. Belén Sánchez Fernández. Natural de Manduas. Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar.
3. Iván Orosa Espantoso. Natural Dornelas. Informático. Desenvolve a súa actividade profesional nun banco como xestor de contas corporativas.
NOTICIA RELACIONADA:
留言