top of page

O BNG de Silleda pregunta cal é o destino que o goberno local dará aos adoquíns retirados da Praza Juan Salgueiro da Bandeira

Ecos da Comarca/Silleda

Con motivo das obras de renovación da Praza Juan Salgueiro da Bandeira de Silleda, foi retirado o anterior pavimento, formado por adoquíns rectangulares que se atopaba en bo estado de conservación e que forman parte do patrimonio municipal. O BNG de Silleda pregunta cal é o destino que o goberno municipal está dando a estes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Actualmente, sinalan os nacionalistas, "eses adoquíns están tirados nunha parcela situada na estrada A Bandeira a Moalde, fronte ao pavillón da localidade, sen ningún tipo de control e sen que a veciñanza coñeza cal é o destino que o goberno pretende dar a eses materiais. Se a idea do goberno municipal é cedelos a quen o precise, desde o BNG pedimos que se dea publicidade a esa posibilidade para o coñecemento de toda a veciñanza".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

En todo caso, desde o BNG de Silleda, dado o bo estado de conservación que presentan os materiais, propoñen que os mesmos se empreguen para pavimentar outros camiños ou

prazas de titularidade municipal e que se atopan en estado calamitoso: a modo de exemplo, véxanse os aparcadoiros municipais na vila de Silleda ou a propia Rúa Travesa do Campo (fronte ao Bar Trujillo), impracticable para os coches polo tamaño das fochancas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Por iso, instamos ao goberno municipal a que non dilapide o patrimonio municipal e que, con carácter urxente, ordene o almacenamento dos adoquíns restantes para que poidan ser reaproveitados para algunha destas finalidades", recalca o BNG.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page