top of page

O BNG de Silleda pide un pleno extraordinario para debater sobre a tala de árbores na Avenida do Parque

Ecos da Comarca/Silleda

O grupo municipal do BNG vén de solicitar formalmente a convocatoria dun Pleno Extraordinario no Concello de Silleda co obxectivo de debater publicamente o alcance das talas de árbores previstas polo goberno municipal na Avenida do Parque. A petición chega tras semanas de silencio por parte da alcaldesa ante as reiteradas demandas do BNG para que se fagan públicos os informes técnicos que xustifican a eliminación das 12 árbores de gran porte, e para que se abra un diálogo co resto das forzas políticas da corporación.

Desde o BNG lembran que “estas árbores contribúen a mitigar as illas de calor, melloran a calidade do aire e permiten o goce das rúas mesmo nos meses máis calorosos”, polo que a súa eliminación suporía un retroceso na mellora do benestar cidadán.


O grupo nacionalista tamén denuncia o elevado custo económico da actuación, que supera os 28.000 euros, e cuestiona que se pretenda gastar esa cantidade en eliminar árbores vivas e consolidadas para substituílas por exemplares novos que tardarán anos en ofrecer os mesmos beneficios.

 PUBLICIDADE

“O BNG simplemente quere que haxa un debate público con informes, para definir cales están saudables, coñecer o alcance da enfermidade naquelas que están en mal estado e debater sobre as causas que as levaron ata esa situación”, sinala a portavoz municipal, Erea Rey.


A petición deste pleno xorde logo de que nos últimos plenos ordinarios ·o goberno non levase apenas temas para debate, deixando baleiro de contido o órgano de representación da maioría, o cal é especialmente grave tendo en conta que gobernan en minoría e deberían facer partícipe a todos na formulación de proxectos, ou polo menos aos que os apoiamos para facer goberno” recalca a portavoz local.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para esta solicitude, o BNG contou coa apoio dos concelleiros do Grupo Municipal do

Partido Popular, dado que a lexislación require que unha cuarta parte dos membros da corporación, catro no caso de Silleda, asinen a solicitude.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page