top of page

O BNG de Silleda pide un acordo para decidir onde gastar os 2 millóns de euros da Deputación

Ecos da Comarca/Silleda

Logo do anuncio realizado pola Deputación de Pontevedra sobre o novo plan de investimentos para o ano 2026, desde o BNG de Silleda estiman que ao concello poderían corresponderlle arredor de 2,2 millóns de euros para investimentos, sumando os fondos da Liña 1 do Plan +Provincia dos anos 2026 e 2027, así como os do Plan Provincia Extraordinaria de 2026. A esta cantidade habería que engadir os recursos que lle correspondan ao municipio dentro do Plan de Infraestruturas Deportivas provincial. Ante esta importante oportunidade de financiamento, o BNG solicita ao goberno municipal que convoque ao resto de forzas políticas para debater conxuntamente sobre as principais necesidades do concello en materia de infraestruturas.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O obxectivo é chegar a un acordo transversal que permita priorizar os investimentos máis urxentes para a veciñanza. Desde o BNG propoñen un debate no que se valoren distintas obras e poñen sobre a mesa unha batería de propostas, tanto para a contorna rural como para a vila.


No primeiro caso, o Bloque propón ampliar a rede de abastecemento de auga a novas parroquias, dando así cumprimento ao acordo de investidura, ou continuar co asfaltado

de accesos a vivendas, tal e como xa solicitaron en ocasións previas.

ree

No que se refire á vila, o Bloque propón financiar a compra dos terreos para o futuro Parque Central de Silleda, a reforma da antiga casa consistorial para convertela na

Casa da Cultura municipal, a reforma das pistas de pádel do Castro para contar cun

recinto homologado para competicións ou a construción dunha piscina pública climatizada, condicionada á viabilidade e sustentabilidade do proxecto.


A este respecto, a voceira Erea Rey destaca que “Proxectos para facer hai, e agora que hai financiamento o que fai falta é vontade política, por iso desde o BNG tendemos a

man para chegar a un acordo. O goberno socialista leva anos facendo moitas promesas que caen sempre en saco roto”, e pon como exemplo recente o anuncio que fixo a alcaldesa na toma de posesión de avanzar coa compra dos terreos para o Gran Parque Central, da que nada se volveu saber case 2 anos despois.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sobre a posibilidade de financiar unha piscina climatizada, Rey lembra que o BNGdefende a utilidade de contar cunha piscina pública, polas vantaxes que ofrece á veciñanza no que se refire ao fomento da actividade deportiva e da saúde, condicionado

sempre a que se trate dun proxecto sostible a nivel económico e medioambiental. “Se a piscina é viable, o goberno ten agora os fondos para facela”, indica a voceira, que tamén reclama “que se dea voz á cidadanía para que de verdade a veciñanza poida facer achegas e enriquecer os proxectos, a diferenza do que se ven facendo ata agora”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page