top of page

O BNG de Silleda pídelle ao Concello que interveña ante os problemas co subministro eléctrico

Ecos da Comarca/Silleda

A semana pasada tivo lugar un corte importante no subministro eléctrico en todo o

concello de Silleda, deixando sen luz eléctrica a moitos veciños por mor do temporal que azoutabaGalicia. Co paso da borrasca Martinho rexistráronse numerosas incidencias deste tipo neste municipio, destacando o caso da área industrial de Chapa, que estivo varias horas sen luz e tivo que suspender a súa actividade, situación semellante a que

padeceron numerosos comercios e explotacións agrogandeiras, lamenta o BNG de Silleda.

"Este non é un caso illado que aconteza so en momentos nos que a climatoloxía non acompaña e a veciñanza de Silleda está xa acostumada a continuos micro cortes no

subministro eléctrico, que rematan afectando á vida útil dos aparellos electrónicos. Unha

situación impropia para un municipio produtor de enerxía, atravesado por varias liñas eléctricas de alta tensión e con varias subestacións eléctricas no seu territorio", subliña.


Nese sentido, o BNG denuncia "que as empresas produtoras e distribuidoras de enerxía

eléctrica teñen uns beneficios multimillonarios pola súa actividade, sen que os mesmos

se vexan reflectidos na calidade e no mantemento das redes de distribución". En palabras da portavoz, Erea Rey: “Se os veciños e veciñas de Silleda teñen que pagar un elevado prezo pola enerxía, e sufrir a contaminación paisaxística que supoñen as liñas de alta tensión que cruzan o territorio, o mínimo sería ter unha rede eléctrica en boestado e non condicionada ás condicións meteorolóxicas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.


Por todo isto, engade: “Solicitamos ao Concello que se interese polo tema e eleve unha queixa ante a Xunta de Galicia para solicitarlle que tomen as medidas necesarias para evitar estas afeccións e que Silleda conte co subministro de calidade que lle corresponde”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page