top of page

O BNG de Silleda organiza unha reunión en Graba para informar do alcance do parque eólico Xestiloi

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda vén de convocar á veciñanza das parroquias de Graba e Xestoso a un acto informativo para dar información sobre as afeccións do novo parque eólico, Xestiloi, que se pretende instalar nestas parroquias e que está actualmente en fase de exposición pública. A reunión, que terá lugar hoxe, mércores 11, ás 21 horas no local social de Graba, é aberta e contará coa participación de persoas especializadas na materia, co obxectivo de que a veciñanza estea informada sobre os impactos que traerá esta nova instalación.

Os concelleiros do grupo municipal, Erea Rey e Xerardo Díaz, lembran que xa no último pleno ordinario, celebrado o 30 de maio, preguntaron ao goberno local para coñecer a súa posición neste asunto, sen que polo momento obtiveran ningunha resposta. “Lamentamos que este goberno se lave as mans cando se trata de manter informada á veciñanza sobre as afeccións das novas instalacións que queren implantarse no noso territorio” lamenta a voceira, Erea Rey, que recorda que sucedeu algo semellante durante o presente mandato, cando a Xunta anunciou unha nova liña de alta tensión que cruzaría o val do río Toxa ao seu paso polo municipio, "sen que desde o Concello movesen un dedo por informar e axudar ás persoas afectadas na preparación das súas alegacións".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nese sentido, a voceira denuncia o “pasotismo” do goberno e instouno a seguir o exemplo do BNG, dando a cara ante a veciñanza, ao tempo que lle pide que use todos os recursos municipais para informar e presentar os informes oportunos que sirvan para defender os

intereses xerais do noso concello.


Así mesmo, os concelleiros aproveitarán o acto para coñecer outras demandas veciñais destas parroquias que poidan poñerse sobre a mesa; como a denuncia feita pública hai unhas semanas na que alertaban da presenza dun burato na ponte de acceso ao Lugar de Pedrouzo, sito na parroquia de Graba, para o que reclamaban traballos de reparación urxente.





Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page