top of page

O BNG de Silleda critica a contratación dun estudo para coñecer os puntos mal iluminados e as barreiras arquitectónicas

"O que nos parece chamativo é que o goberno municipal teña que contratar unha consultora para que lle faga o traballo. Acaso non coñecen a vila? Son problemas que veñen de vello e visibles a simple vista", recalca


Ecos da Comarca/Silleda

A pasada semana o Concello de Silleda aprobou a contratación dun informe para a “Diagnose urbana nos núcleos de Silleda de A Bandeira”, co que o goberno pretende identificar “barreiras físicas e sociais que dificultan a mobilidade e o acceso a servizos

esenciais” así como “mellorar a accesibilidade e a percepción de seguridade nos

espazos públicos”, por un importe total de 16.820 euros. "Desde o BNG consideramos importante que o deseño dos espazos urbanos teña en conta estes temas. Así o levamos reclamando moitos anos, presentando diversas iniciativas e mocións instando ao goberno socialista a mellorar a mobilidade nos cascos urbanos e incrementar a seguridade viaria, mediante o rebaixe e ensanche das beirarrúas á altura dos pasos de peóns, o incremento da iluminación nas zonas escuras dos cascos urbanos, etc". O que, sinala, "nos parece chamativo é que o goberno municipal teña que contratar unha consultora para que lle faga o traballo e lles digan cales son as barreiras físicas que dificultan a mobilidade e cales son as zonas mal iluminadas. Acaso non coñecen a vila? Son problemas que veñen de vello e visibles a simple vista".

“Recoméndolle á alcaldesa que saia dar un paseo polas vilas, e rapidamente poderá identificar as zonas escuras ou os pasos de peóns nos que é imposible pasar cun carriño

de bebé ou en cadeira de rodas. Para saber iso, non é necesario gastar 17 mil euros. Xa llo temos dito nós e vese a simple vista saíndo do despacho”, indica Erea Rey, ao

tempo que recorda que xa en 2019 COGAMI informou publicamente de ata 60 barreiras

arquitectónicas nos dous núcleos urbanos silledenses.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Este goberno adícase a subcontratar o traballo que debería facer eles mesmos. Énchense de contratar estudos e plans, pagados con cartos municipais, que so serven para sacarse fotos e facer actos de presentación dos mesmos, pero que non se concretan en medidas” recalca a voceira, que lle pide á alcaldesa “máis feitos e menos fotos”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page