top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Silleda celebra o proxecto de mellora dos accesos ao polígono industrial Area 33

Ecos da Comarca/Xeral

O grupo municipal do BNG de Silleda, logo de coñecer os detalles do proxecto de

mellora das vías de acceso ao parque empresarial Área 33, amósase satisfeito de que se leven a cabo unhas obras que foron solicitadas polo grupo municipal do BNG no pleno ordinario de novembro de 2023, mediante a presentación dunha moción que foi aprobada por unanimidade das forzas políticas locais.


Publicidade

Así, as obras proxectadas implicarán o reasfaltado con formigón bituminoso en quente de 2,5 quilómetros de vías, que cobren os 4 ramais de acceso/saída, así como o reasfaltado das dúas glorietas que se atopan na infraestrutura. Tamén se reasfaltará a rúa entre ambas glorietas, salvo a parte situada na ponte sobre a N-525. O proxecto de mellora ten un orzamento de execución de 145 mil euros, dos cales a Xunta aportaría o 80%, mentres que para a parte restante o Concello tería solicitado unha subvención á Deputación de Pontevedra.


Desde o BNG consideran que estas obras son un bo comezo de cara a mellorar a infraestrutura nun momento no que comezará a recibir moito máis tránsito de vehículos pesados trala inauguración da nova fábrica de pensos de NUDESA. En todo caso, desde o BNG lamentan que o proxecto non sexa máis ambicioso e non se melloren todas as vías do polígono ou se inclúan solucións para incrementar o escaso número de prazas de aparcamento de vehículos que existe na actualidade.


Publicidade

Así pois, desde o BNG esperan que o goberno municipal faga súas as restantes propostas

aprobadas naquela moción, e procure unha solución aos problemas de aparcamento e de limpeza de rúas, beirarrúas e zonas verdes municipais.


Publicidade

Nese sentido, desde o BNG lembran que "nunha recente visita ás instalacións algunhas

beirarrúas presentaban un estado de suciedade e abandono (cubertas por follas e

herbas) semellante ao que tiñan a finais de 2023, cando se aprobou a moción en Pleno

(ver foto anexa das beirarrúas na rúa G)".  





0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page