top of page

O BNG de Silleda acusa á alcaldesa de mentir no seu comunicado sobre a reforma da Avenida do Parque

31 jul 2025
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda amosa a súa sorpresa e indignación ante o comunicado emitido pola alcaldesa Paula Fernández a través das redes sociais do Concello, no que acusa ao Bloque de mentir sobre o proxecto de reforma da Avenida do Parque. "Desde o BNG afirmamos con rotundidade que quen minte é a alcaldesa, ao asegurar que os pregos prevén a plantación de novas árbores de máis de 35 cm de perímetro. A realidade éque os pregos técnicos especifican claramente a plantación de Photinias, arbores arbustivas de“ata 35 cm de tronco”, semellantes ás que foron plantadas na contorna do centro de saúde".

"Preguntámonos: entende a alcaldesa a diferenza entre “máis de” e “de ata”? En canto ás 10 árbores de gran porte de “ata 40 cm de tronco”, estas só aparecen nas melloras ao proxecto, é dicir, son opcións que poden ou non ser ofertadas polas empresas licitadoras. Polo tanto, non están garantidas co actual proxecto, salvo que a adxudicación estivera xa amañada. A alcaldesa utiliza como principal argumento para xustificar a tala das 12 árbores existentes que estas están afectadas por un fungo. Por iso, desde o BNG esiximos que, de maneira inmediata e sen máis demora, se faga público un informe técnico que certifique que a única solución posible é a súa tala total e que non existe alternativa de tratamento. Ademais, a alcaldesa indica que “as que estean sanas, serán transplantadas a outra ubicación”. Logo están enfermas ou sanas? Se están sanas, para que trasplantalas? A propia alcaldesa contradise. Preguntámonos canto tempo levan estas árbores enfermas e que medidas se adoptaron ata o de agora para tentar salvalas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En palabras da voceira do BNG, Erea Rey: “A alcaldesa, no seu comunicado, fai o que mellor sabe: mentir, botar balóns fóra e non asumir ningunha responsabilidade pola nefasta

xestión do arborado urbano nos últimos 20 anos. A tala agora destes 12 árbores é a guinda

do pastel. Vímolo coa desaparición dun carballo centenario na Praza da Feira Vella en pleno 2016, que morreu polas podas excesivas, ou coa recente tala do arborado Parque da Igrexa".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De feito, apuntan os nacionalistas, "as árbores da Avenida do Parque xa sufriron unha poda moi agresiva no verán de 2023 que as deixou moi mermadas. Daqueles barros, estes lodos”. Para rematar, o BNG tamén denuncia "o uso partidista que a alcaldesa fai dos medios municipais e dos empregados municipais do equipo de comunicación institucional.Preguntámonos se estes medios tamén estarán dispoñibles para o resto dos grupos da corporación que desexen trasladar mensaxes políticas á veciñanza”, ironiza o concelleiro Xerardo Díaz ao tempo que pide á alcaldesa que leve este proxecto a debate a un Pleno, “que é onde deben darse os debates”.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page