O BNG de Silleda aclara que "a baixada do IBI chega tarde e grazas á oposición"
- ecosdacomarca

- 2 dic 2025
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda quere deixar claro que o goberno municipal "non propón unha baixada do IBI por iniciativa propia, senón que se ve forzado a facelo grazas ao traballo da oposición, que levou este asunto a un pleno extraordinario en outubro. Sen a presión do BNG, o goberno seguiría sen actuar, a pesar de que a recadación real por IBI (urbana e rústica) vai aumentar un 27,85% respecto a 2021, segundo revela o propio informe do interventor municipal".

Este incremento da recadación, apunta o Bloque, "non se debe a unha mellora dos servizos, senón á suba dos valores catastrais tras a aprobación do PXOM en 2023, que fixo que moitas parcelas nos núcleos rurais pasasen a ser consideradas urbanas. Así, moitos veciños e veciñas están a ver como o recibo do IBI se dispara sen que os servizos municipaismelloren. O BNG xa advertiu disto no pleno extraordinario de outubro, poñendo
exemplos concretos, como o dunha vivenda que pasou de pagar 180 euros a 300 euros
ao ano".
Publicidade
O actual orzamento municipal para 2025, sinala, "prevé uns ingresos de 1.297.000 euros por IBI urbana e rústica, pero se se manteñen os tipos impositivos actuais, a recadación
real superará amplamente esa cifra, chegando a máis dun millón e medio de euros, niveis nunca vistos no concello". Para o BNG, isto supón "un auténtico saqueo dos petos da veciñanza e un enriquecemento inxusto da administración local, especialmente nos núcleos rurais, onde os servizos seguen igual ca antes do PXOM". Por iso, desde o BNG consideran urxente que o Concello "aprobe unha rebaixa do IBI que compense esta suba encuberta da presión fiscal".
En palabras da voceira, Erea Rey: “O goberno actúa forzado e quere levar os méritos dunha baixada que chega tarde. O concello puido impulsar esta baixada a principios de
ano, cando se sabía que Catastro estaba regularizando os valores catastrais, o que
daría lugar a unha suba encuberta da recadación. Agora, polos prazos, calquera baixada non poderá ser efectiva ata 2027, xusto coincidindo co ano electoral. Estamos seguros de que non é casualidade senón unha xogada planificada”.
Publicidade
Ao respecto de que o goberno diga estar agora á espera de que a oposición se pronuncie, Rey considera que debe "tratarse dunha broma de mal gusto, tendo en conta
que o goberno non moveu un dedo en todo o ano por chegar a tempo con esta baixada",
e anuncia que desde o BNG están estudiando a documentación que lles foi entregada hai poucos días e anunciarán a súa posición na Xunta de Portavoces que ten previsto celebrarse esta mesma semana.
NOTICIA RELACIONADA:
O goberno de Silleda defende unha rebaixa “viable e responsable” do IBI avalada por informes técnicos:https://www.ecosdacomarca.com/post/o-goberno-de-silleda-defende-unha-rebaixa-viable-e-responsable-do-ibi-avalada-por-informes-t%C3%A9cnico








Comentarios