O BNG de Palas organiza unha palestra sobre a ordenación do territorio que terá lugar o 13 de xuño
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Mañá, venres 13 de xuño, o BNG de Palas de Rei organiza unha palestra que versará sobre a ordenación do territorio. Terá lugar na Casa da Cultura palense ás 20 horas.

"Dita palestra ten como obxectivo analizar polo miúdo cuestións coma a moratoria do eucalipto, o “efecto chamada “ que podería supor a hipotética instalación de Altri e as políticas agrarias e forestais que se están levando adiante en Galiza", explica o Bloque.
Publicidade
Estarán como poñentes a deputada Montserrat Valcárcel e o deputado Secundino Fernández.








Comentarios