top of page

O BNG de Palas de Rei organizou unha charla o venres sobre as plantas de biogás

Montse Valcárcel sinala que“o modelo industrial que se está a promover no rural galego responde a un novo negocio ao que se apuntan as empresas enerxéticas e todo tipo de capital especulativo”


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O BNG de Palas de Rei organizou unha charla informativa o venres sobre as plantas de biogás. A mesma estivo presentada por Marta Montecelo e interviron Montse Valcárcel, deputada no Parlamento Galego, Daniel Vispo, membro de Adega e Xulio Fernández, coordinador do sector lácteo do Sindicato Labrego.


Con este primeiro debate o que se quere facer un chamamento a todo o sector agrogandeiro, á administración e á opinión pública en xeral, a repensar sobre a onde nos pode conducir un modelo agrogandeiro que ademais de ser intensivo non dispón de terra para a alimentación dos animais e o manexo dos xurros. Pasouse dunha gandería tradicional a pequena escala a un modelo intensivo que require dunha xestión máis eficiente dos residuos.

A aposta da Xunta de Galiza polas plantas de biogás non solucionará o problema senón que o agravará, tal e como salienta o BNG. “A proliferación destas instalacións demostra que a Xunta actúa ao servizo do lobby enerxético en lugar de buscar solucións reais” afirmou Valcárcel. O xurro, é un fertilizante extraído da terra por intervención do gando e polo tanto, "nese esquema de economía circular da que tanto se fala, deberá de ser devolto á terra para así poder conservar as propiedades agronómicas do solo" explica Montse Valcárcel. Só os excedentes de xurro poderán ser considerados residuos, matiza.


Por parte de Adega, Daniel Vispo, asegurou que o modelo de plantas de produción de biogás ou biometano que se propón ás explotacións gandeiras "non soluciona ningún dos problemas de contaminación do chan e da auga que poden derivarse do exceso de xurros porque a dixestión anaeróbica non elimina o nitróxeno nin o fósforo dos xurros, que son os elementos que poden provocar contaminación por nitritos e eutrofización".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, apunta que "tampouco soluciona a falta de terra nas leiras con excedentes de xurro xa que, tras a dixestión anaeróbica, queda un dixerido nunha cantidade practicamente igual ao xurro tratado, que tamén necesitará terreos onde poder utilizalo como fertilizante". Así, asegura, a dixestión anaerobia do xurro só poderá considerarse sustentábel se se leva a cabo na propia explotación, evitando o transporte do xurro até unha planta centralizada situada lonxe das explotacións; se o biogás se aproveita in situ, para xerar parte da enerxía eléctrica e calorífica que a propia explotación gandeira precisa e existe suficiente terra próxima a disposición da explotación gandeira na que poder utilizar o dixerido líquido como fertilizante.


Pola súa parte Xulio Fernández explicou que "a media de emisións de xurro dunha vaca na

comarca da Ulloa é de 26 metros cúbicos por ano, polo tanto de 156 quilos de nitróxeno anuais. Desta forma, unha carga gandeira de dous vacas por hectárea incluso estaría por baixo dos límites de fertilización dunha zona vulnerábel a nitratos. Estas cifras demostra que a gandaría nesta comarca non e contaminante e nin sequera se produce o xurro preciso para as explotacións con cal non hai excedente” defendeu Fernández.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page