top of page

O BNG de Lalín tilda o primeiro ano do Goberno local como "un ano perdido"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Acusa ao goberno lalinense de "mirar para os intereses duns poucos e esquecer á maioría dos veciños e veciñas do concello"


Ecos da Comarca/Lalín

Dende o BNG de Lalín, despois de repasar o acontecido no primeiro ano deste mandato, aseguran que “todo continúa na liña do PP, un goberno onde os cartos van parar uns poucos a costa de sacrificar as pequenas economías, que son as que realmente abundan na capital de Deza e representan maioritariamente aos veciños de Lalín”.

O Consistorio de Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

Afirman que "non hai máis ca ver os soldos estratosféricos que teñen os edís do PP para comprobar o dispendio, cunhas dedicacións parciais e exclusivas que non se corresponden en absoluto cos soldos medios da poboación lalinense, chegando a custarnos a todas e todos a cantidade de 2 millóns de euros nun só mandato. Pola contra, a pesares de vender que gobernan para todos e con intención de que todos melloremos, recuperan dous impostos que se pagarán novamente, recadando moito diñeiro que sairá dos petos de todas e todos co pago do imposto de plusvalías e o ICIO (no que as grandes empresas están exentas) beneficiando como é común no Partido Popular, as grandes economías en detrimento das demais".


Para os nacionalistas dende o PP "non foron capaces de manter os números positivos nas arcas municipais, que quedaran saneadas e con 6 millóns de euros en caixa tras o goberno do cuatripartito, tendo agora unha débeda que acada os 11 millóns de euros, cunha clara falla de xestión responsable dos cartos de todos os veciños e veciñas. Mais, a pesares diso, o goberno de Lalín sigue insistindo en priorizar proxectos de inversións millonarias coma a Gran Praza e a famosa Améndoa Central, dos que o propio alcalde non sabe dar razón de investimento ou de datas nas que se levará a cabo a día de hoxe, sendo unha obra faraónica que non responde dende ningunha perspectiva ás necesidades dos lalinenses".


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

“Evidénciase, deste xeito, que no Concello se goberna de costas á poboación, que continúa cuns servizos sanitarios moi empobrecidos sen que o CIS abra, tras anos de atraso nas obras, a perpetua loita da ambulancia medicalizada que dende o BNG sempre abandeiramos ou o engano no servizo de pediatría polas tardes, cuxa praza queda novamente sen cubrir a pesares de ser unha das promesas electorais do PP na campaña das municipais de 2023, que quedou no esquecemento ao día seguinte dos comicios, coma é costume. Continuamos a ter nenos e nenas que quedan fóra das escolas infantís, con prazas insuficientes, e edificios públicos que non abren por falla de persoal, un xeito claro de menosprezar a poboación que faría uso deles, ao igual que aqueles que continúan a agardar pola pista de atletismo e que non ven avance ningún".



Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Por non nomear o caso do Polígono Lalín 2000, apuntan os nacionalistas, "que non ten chan industrial, deixando fóra a calquera empresa que se queira asentar nel ou ampliar as súas instalacións, co que iso significa a nivel de asentamento poboacional e xeración de emprego en Lalín. Por non nomear o caso do rural, onde o investimento continua a ser mínimo e sen traza de cambiar esta tónica, facéndose ano tras ano máis claro o engano do goberno para os preto de 10.000 veciños e veciñas que residen nas aldeas, que pasadas as eleccións volven quedar no esquecemento, con traídas que non chegan a todos os núcleos e redes de sumidoiros das que non se teñen novas tan pronto pasan as eleccións, coma de costume".


A pesares, sinalan, "de que dende o PP insistan cada mandato que esa vai ser a do rural, nel cambia nada ou case nada co paso do tempo, sendo o abandono e envellecemento da poboación un dato preocupante neste caso, en boa parte pola falla de servizos que non se igualan nin de lonxe aos do casco urbano, a pesares de que todos os veciños aportan o mesmo as arcas municipais. Especial gravidade ten o problema de accesibilidade a unha vivenda tanto en compra como aluguer o que está impedindo fixar poboación polos seus prezos prohibitivos”, así resumen dede o BNG, o desleixo co que o goberno trata aos lalinenses ano tras ano.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Acusan ao alcalde e aos edís, dende o grupo do BNG, "de permanecer no goberno sen que Lalín avance, escudándose nun resultado electoral que semella", segundo os nacionalistas, que “parece que os lexitima para facer o que consideren sen mirar polo ben da xente á que gobernan, xogando cos cartos de todos, algo que por suposto non é así e non cansaremos, como oposición activa, de lembrarlles, defendendo os intereses de todas e todos.”



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page