Demándalle ao goberno local que o financie con fondos propios e doutras administracións
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín considera que o estado de conservación e mantemento do Pavillón Municipal está "a chegar a un punto crítico debido á deixadez e abandono existente por parte do goberno local". Afirman os nacionalistas que xa pasou máis de ano e medio desde que se celebrasen as eleccións municipais, "e logo dun pasado mandato no que a política en materia de infraestructuras deportiva foi practicamente nula por parte do PP, ven como a situación desta instalación en concreto, está lonxe de ser minimamente aceptable".

Propón o BNG como solución para poder darlle a solución máis acaída, como sería o seu entender, apostar por unha reforma integral do mesmo, que o Goberno municipal, adique a partida de 202.642,16 € do Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, sumándolle a colaboración da Xunta de Galiza e a aportación por parte do Concello de Lalín de fondos propios.
Afirma o seu voceiro, Francisco Vilariño, que son moi numerosas os clubes, asociacións e prácticas deportivas que se practican nestas inslacións históricas: baloncesto, balonmán, colexios, institutos, Maisquedanza, ximnasia rítmica, Escola de Fútbol, Fúlbol Sala, Kick boxing, cursos de mantemento para maiores, etc
Publicidade

Para o seu voceiro municipal "esta inoperancia e desidia amosa a irresponsabilidade dun Goberno nun concello cun elevado número de persoas que levan a cabo algunha práctica deportiva". Para o BNG "o despropósito é aínda maior cando fan un repaso aos programas electorais do PP nas campañas de 2019 e 2023, onde existen diferentes promesas incumpridas con respecto ao Pavillón Municipal e a súa contorna".
Para os nacionalistas, o Pavillón Municipal precisa de actuacións urxentes entre as que destacan:
- Separación de pistas.
- Arranxo de vestiarios e aseos.
- instalación Marcador e megafonía.
- Reposición e adecentamento das bancadas.
- Reposición da pista principal.
- Climatización polas baixas temperaturas.
- Solución as humidades, etc
Publicidade
O BNG entende que "estes problemas que sofre o Pavillón Municipal, evidencian as carencias en materia de infraestructuras deportivas que padece Lalín, froito dunha pésima xestión do Goberno do PP. Desde o BNG pedimos que se remate coas múltiples carencias do mesmo, que non fan máis que manchar a imaxe do noso concello e que perxudica a práctica deportiva dos e das lalinenses".
Comments