O BNG de Lalín solicita o arranxo integral da Ronda Este
- ecosdacomarca
- 27 feb
- 2 Min. de lectura
O responsable de organización, Manuel Carbón, acusa ao PP "do estado lamentable do principal vial urbano"
Ecos da Comarca/Lalín
O Bloque Nacionalista Galego solicita o arranxo integral da Ronda Este de Lalín debido "ao estado lamentable no que se atopa na actualiade ao longo de todo o seu traxecto". O responsable de organización, Manuel Carbón, aclara a importancia do mesmo ao tratarse do vial que máis tráfico soporta dos que conforman a trama urbana xa que funciona como eixe vertebrador.

Carbón lembra que foi o cuatripartito no ano 2016 o que acomentou a última actuación integral deste vial, "e desde aquelas os distintos gobernos do PP non fixeron nada para frear o deterioro manifesto no que se atopa". Acusa ao actual goberno municipal "de mentir ao anunciar o 9 de abril do pasado ano que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar “os transtornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”, “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada” e que incluso a financiación “implicaría a outras administracións superiores”, cando a realidade, case un ano despois, é ben distinta" asegura o responsable de organización nacionalista, "empeorando moito máis o estado do mesmo desde dito anuncio".
Desde o BNG sinalan que o plantexamento técnico do trazado evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematando co colapso total do mesmo. Constatan o agrietamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos.
Afirma Carbón “que non podemos permitir que unha infraestrutura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno tome medidas”. Apuntan desde o BNG que a Ronda Leste "é unha arteria clave para o tráfico da nosa vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias, educativas, etc así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal".
Komentáře