O BNG de Lalín solicita a reubicación do letreiro informativo ubicado na rúa Monte Faro
- ecosdacomarca

- 11 oct 2025
- 2 min de lectura
Paco Vilariño:”Unha proposta para mellorar a seguridade vial e correxir a mala información”
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín solicita a reubicación do macroletreiro informativo para o tráfico, ubicado na rúa Monte Faro, debido a que quedou fóra de lugar e con deficiente e imprecisa información para o tráfico de paso que, por esa razón do seu emprazamento, fai meter moitos coches polo centro urbano e incluso grandes camións de transporte que se orientan por esa sinal informativa para coller o desvío da estrada correspondente, o que ocasiona problemas de circulación, seguridade e de desprazamentos inecesarios que serían moi doado de evitar.

Apuntan desde a fronte nacionalista que este letreiro tiña que estar, desde hai moito anos, uns par de centos de metros de distancia a ese punto máis arriba, segundo se entra de Lalín de Arriba, antes da rotonda da variante de circulación, o que se chama no trazado urbano de Lalín a ronda Leste.
O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, afirma que o sinal que hai non informa da posibilidade de enlazar coa autoestrada AP-53 e pon o disparate de mandar pola rúa B, a
vía urbana de máis lonxitude e densidade de poboación de veciñanza censados, ao
tráfico de paso procedente de Monforte de Lemos cara a Pontevedra, Santiago e
Ourense, o que supón un auténtico disparate. E pola contra, so dirixe cara ao desvío da dereita, pola rúa Melide, cara a Praza da Mariña, o tráfico que teña que transitar pola N-640 en dirección a Lugo.
Desde o BNG afirman que trasladar esa sinal para emprazalo onde ten que estar por razóns obvias e, mesmo para a mellor seguridade vial urbana, tiña que ser correxida
incluso, para mandar cara a dereita, según se entra en Lalín pola PO-533, cara a rotonda
de Goiás, o tráfico que se encamiña cara Lugo e Santiago; é cara a esquerda, pola Ronda
Leste, cara onde está o Colexio Manuel Rivero e a Rotonda do Alto de Vales, onde está
o PAC agora, o tráfico que se teña que desviar a Ourense ou que poda ou queira entrar
na AP-53 para esa autoestrada na entrada e saída Sur (Catasós) ou do centro (Botos).
Sinalan que tamén que se conseguiría reforzar moito a seguridade vial no cruce da
rúa Melide coa rúa B que está atravesado pola rúa do Monte do faro. Asemade a Praza
da Mariña tamén gañaría en seguridade para o estudantado que vai caminando aos
distintos centros escolares e instalacións deportivas.
Publicidade
Vilariño sinala que a seguridade da zona escolar sería moi reforzada para quitar parte de
tráfico de paso que se cola pola rúa Melide, ao estar na rúa Pena Toares, o colexio Scentia, o Instituto Ramón Aller, o Conservatorio de Música e a escola infantil
Pontiñas.
Desde o BNG esíxenlle ao goberno municipal o cambio urxente de dita sinaléctica para evitar as confusións e problemas ocasionados polo desleixo do PP, no que lembran que a solución só require de vontade para facela realidade.







Comentarios