top of page

O BNG de Lalín solicita a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento do Servizo de Axuda no Fogar

"É necesaria para solucionar e poñer fin dunha vez ao abuso e explotación laboral de veciñas de Lalín que prestan este servizo e o consecuente dano para os usuarios", indica



Ecos da Comarca/Deza

O BNG de Lalín subliña que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é fundamental para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu entorno de convivencia habitual ou favorecer a autonomía persoal no propio municipio, entre outros. O BNG sinala que ten feito un inxente traballo para garantir que a prestación deste servizo básico, moi importante no conxunto do concello, especialmente na zona rural, se rixa en termos de eficacia e benestar tanto para as persoas usuarias coma para as traballadoras que desenvolven esta importante labor. Para melloralo solicita a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento deste servizo.


O BNG xa ten levado a cabo nos últimos anos numerosas iniciativas públicas, tanto no Concello de Lalín, coma noutros ámbitos, para reclamar algo tan básico para estas traballadoras do SAF coma son os seus dereitos laborais e garantir á cidadanía este dereito social. "No Pleno municipal do pasado venres aprobouse cos votos do PP e as abstencións de PSOE E CXL o expediente de contratación de “Servizos de atención domiciliaria do Concello de Lalín: Servizo de Axuda no Fogar”, no que ao noso entender lamentablemente quedou en evidencia que un dos sevizos municipais máis importantes que xestiona o Concello de Lalín, tanto pola súa cuantía coma especialmente polas persoas ás que vai dirixido, vai supoñer un auténtico pelotazo para a empresa adxudicataria en contraposición da carencia absoluta de mellor cobertura por parte das mulleres que traballan no mesmo e tamén das persoas demandantes. É evidente que a empresa adxudicataria do servizo vaise facer de ouro e as consecuencias deste nefasto prego vainas pagar o lombo das auxiliares que sofren unha enorme precariedade, e as persoas usuarias".

Un proceso de licitación, apunta o Bloque, "baseado na total falta de diálogo sinceiro coas representantes das traballadoras respecto das súas lexítimas e xustas demandas, deixando que prime en exclusiva as melloras do prego no aspecto empresial, e o que é máis grave, diante dunha posición responsable e constructiva por parte das traballadoras e do propio BNG para chegar a un acordo nos meses previos á celebración do Pleno, o único que demostrou o PP é que enganaron ás traballadoras remitíndoas a un suposto acordo para despois saltou polos aires sen ningún tipo de explicación e con total oscurantismo".


Para o BNG resulta fundamental, "tal e como pedimos o pasado venres, incluír nos propios pregos condicións que garantan o bo funcionamento de dito servizo para os vindeiros catro anos para os que se vai adxudicar, evitando así no futuro todo tipo de conflitividade e

problemas no servizo que se traduzan en mellora do servizo para os usuarios e as súas familias así como para as traballadoras".


Estamos falando, sinala, "de cuestións que non require nalgúns casos ningún incremento do gasto, tan só ter a vontade política de mellora de servizo e condicións, e noutros un aumento ridículo para a cuantía que estamos falando: 2.205.802,14€ anuais, cun valor estimado do contrato de 9.332.239,84€, incluso contando coa posibilidade de modificar o contrato até un máximo do 10% do prezo anual do contrato. Estamos falando de modificacións que só repercutirían na mellora do servizo ás persoas usuarias como sería a modificación do horario de comezo e que evidentemente permitiría unha mínima conciliación ás traballadoras, lembrar que se estipula que o horario é de 8:30 a 21:30

horas, que amosa ao mesmo tempo unha clara ilegalidade por non contemplar as 12 horas de descanso obrigatorias, incluso véndose superadas as 37,5 horas semanais ao constar que os festivos e domingos a xornada laboral é de 8 horas, polo que o prego incumpre clarisimamente o Estatuto das Traballadoras".


No caso do quilometraxe o BNG valora "que se produce unha situación de desprezo absoluto ás traballadoras debido a que a tabla salarial fixa que como mínimo que o quilometraxe tense que pagar a 0,24€ e non aos 0,23 que fixa o prego. Este non é un tema menor debido a que para as traballadoras que realizan as súas funcións no rural podemos valorar unha diferenza en máis de 200€ mensuais, realidade esta que choca frontalmente coa de Concellos como Silleda ou Vila de Cruces onde se lle paga o quilómetro a 0,26€. Máis difícil incluso de entender resulta que o Concello de Lalín pague a quilometraxe do seu persoal a 0,26€ e que a estas traballadoras que na realidade fan, a todas luces, un servizo público se lle pague a 0,23€, incluso por debaixo do prezo legal".


Tamén consideraque é de pura lóxica que o servizo ten que reorganizarse por proximidade, unha zonificación que beneficiaría ás traballadoras pero tamén á propia empresa en termos de eficiencia do seu servizo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Outro aspecto importante é a dignificación da labor das traballadoras no referente a fixar claramente cales son as súas tarefas para así non ter asignadas labores impropias que o mesmo prego abre a posibilidade de realizar e que insistimos que non lle corresponden".


De especial importancia, apunta, "resulta tamén o retraso co que o Concello de Lalín asigna novos usuarios, situación esta, que propicia un perxuízo moi importante para os e as demandantes pola conseguinte tardanza e desatención no servizo de novos usuarios e usuarias que o precisan, con carácter urxente, e que ven como acumulan moito tempo de garda incompresiblemente. Xa temos denunciado en varias ocasións como non é nada novidoso que as persoas demandantes falezan antes de ter adxudicado o servizo ou situacións que levaron a denunciar diante da Valedora do Pobo tardanzas superiores de 2 anos sen opter a máis mínima resposta ou información por parte do Concello de Lalín. Ao mesmo tempo, pedimos o incremento da xornada de traballo ao 100% das traballadoras como unha das medidas fundamentais a adoptar para evitar situacións dramáticas como as relatadas anteriormente".


O BNG insiste en que "un goberno responsable, posto que se trata de cartos públicos nun contrato millonario que pagan os veciños e veciñas, ten a obriga ao noso entender de ter tomado a iniciativa para solucionar este servizo deficitario a todas luces. Non foi así nunca, e por iso, en varias ocasións tivemos que propiciar desde o BNG que se convocaran varias mesas de seguemento, unha ferramenta que tamén foi creada a iniciativa nosa".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais engade que "a actuación inflexible do goberno local de Lalín neste asunto contrasta coa axilidade coa que actuaron os concelleiros do PP para subirse de xeito escandaloso os soldos para si mesmos e os seus séquito de asesores, mentres son incapaces de solucionar a precariedade laboral de traballadoras tan fundamentais para a veciñanza de Lalín coma son as so SAF, no que desde o BNG valoramos que vulnera os dereitos das persoas maiores e deteriora tanto a súa calidade de vida como a das persoas que as coidan, en definitiva: coidar a quen nos coida".


Por todo o anteriormente exposto, desde o Bloque Nacionalista Galego de Lalín, solicitan a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento do SAF "para solucionar e poñer fin dunha vez ao abuso e explotación laboral de veciñas de Lalín que prestan este servizo e o consecuente dano para os usuarios e usuarias do mesmo".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page