top of page

O BNG de Lalín solicita a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento do Servizo de Axuda no Fogar

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O obxectivo é "rematar dunha vez por todas co abuso e explotación laboral de veciñas de Lalín que prestan este servizo e o consecuente dano para os usuarios e usuarias do mesmo", sinala o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín solicita a a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento do SAF, que se creara a iniciativa do BNG, e que tamén foi por mediación do BNG que se reuníu todas as veces, para rematar dunha vez por todas "co abuso e explotación laboral de veciñas de Lalín que prestan este servizo e o consecuente dano para os usuarios e usuarias do mesmo".


O BNG considera que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é fundamental para mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu entorno de convivencia habitual ou favorecer a autonomía persoal no propio municipio, entre outros. "O BNG ten feito un inxente traballo para garantir que a prestación deste servizo básico, moi importante no conxunto do concello, especialmente na zona rural, se rixa en termos de eficacia e benestar tanto para os usuarios coma para as traballadoras que desenvolven esta importante labor".

Ariadna Fernández e Franscisco Vilariño do BNG de Lalín.

Lembra que o partido nacionalista xa ten levado a cabo iniciativas públicas, tanto no Concello de Lalín, coma noutros ámbitos, para reclamar algo tan básico para estas traballadoras do SAF coma son os seus dereitos laborais. A última no mes de xullo, na que o BNG rexistrou, unha vez máis, unha iniciativa ao respecto dos problemas trasladados polas traballadoras do servizo, "e lamentablemente cinco meses despois vimos de constatar que as traballadoras do SAF seguen sen resposta a moitas das súas lexítimas e xustas demandas por parte da empresa que presta este servizo no noso concello, coa inestimable complicidade dun goberno municipal que se adicou a calmar as augas do conflito laboral antes das eleccións do pasado 28 de maio, e que agora teñen demostrado que enganaron ás traballadoras remitíndoas a un suposto acordo para despois das eleccións, para que posteriormente admitiran en sesión plenaria que tiñan un acordo para rescindir o contrato coa empresa".


Unha recisión aprobada no pleno do mes de xullo do presente ano polo PP, e que por decisión política do Goberno, iniciaba o proceso dunha nova licitación do servizo. Para o BNG resulta fundamental saber en que punto se atopa dito proceso para sacalo adiante (catro meses despois de dita recisión) "e un punto clave para nós é que as representantes das traballadoras, poida coñecer de primeira man toda a información sobre o mesmo, así como participar na elaboración do prego que marque as condicións da nova licitación antes de ir a pleno para a súa aprobación".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tamén, sinala, "queremos lembrar que a actual empresa concesionaria do servizo imcumpríu o convenio xa que non aplicou o incremento do IPC, do 5,7 %, até que se aprobou en pleno dita rescisión, cando tiña que telo feito en ambos casos desde o mes de xaneiro. No caso do quilometraxe consideramos que é de lóxica que o servizo non pode ser pagado só entre domicilios, e polo tanto, o xusto é establecer un punto referencial de partida que entendemos que ten que ser a sede da empresa en Lalín, e que ao mesmo tempo ten que reorganizarse por proximidade. Algo que beneficia ás traballadoras pero tamén á propia empresa en termos de eficiencia do seu servizo".


Ademais, apunta que "de especial importancia resulta tamén o retraso co que o Concello de Lalín asigna novos usuarios ás traballadoras cando se liberan horas por motivos de falecemento ou hospitalización, situación esta, que propicia unha merma moi importante na nómina da plantilla e evidentemente a conseguinte tardanza e desatención no servizo de novos usuarios e usuarias que o precisan, con carácter urxente, e que ven como acumulan moito tempo de garda incompresiblemente. Ao mesmo tempo, pedimos o incremento da xornada de traballo ao 100% das traballadoras como unha das medidas fundamentais a adoptar, así como a clarificación das tarefas que lles corresponde realizar ás traballadoras".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O pasado mes de xullo o BNG demandou a convocatoria da mesa de seguimento "logo de

constatar que a empresa estaba a incumprir o prego de condicións co que lle foi outorgado o SAF de Lalín. Un goberno responsable, posto que se trata de cartos públicos nun contrato millonario que pagan os veciños e veciñas, tería xa entón que ter tomado a iniciativa para solucionar este servizo deficitario. Non foi así e tivo que ser o BNG o que propiciou que se convocara dita mesa de seguemento. Ademais a pasividade do goberno local de Lalín neste asunto contrasta coa axilidade coa que actuaron o alcalde e os concelleiros do PP para subirse de xeito escandaloso os soldos para si mesmos e os seus séquito de asesores, mentres son incapaces de solucionar a precariedade laboral de traballadoras tan fundamentais para a veciñanza de Lalín coma as do SA".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page