top of page

O BNG de Lalín solicita á Xunta dotar ao centro de saúde de atención de pediatría polas tardes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ademais, demanda que non se recorte o servizo das mañás


Ecos da Comarca/Lalín

"O Centro de Saúde de Lalín vén sendo noticia desde hai anos, entre moitas outras carencias, pola inexistencia do servizo de Pediatría polas tardes. A realidade é que na actualidade conta con tres pediatras en xornada de mañá, das cales unha delas desprázase dous días á semana a Rodeiro un par de horas o que conleva que o sevizo quede aínda máis minguado", incide o BNG de Lalín. "A carga de traballo que teñen é altísima debido ao elevado número de pacientes que atenden diariamente e a complexidade de ditas consultas tanto no relativo a tempo de atención necesario como a todo o abano médico de atención que require xa que estas profesionais realizan

diagnósticos e tratamentos das patoloxías propias destas idades, ademais coordinan actividades de promoción e prevención que permiten realizar unha asistencia médica integral, e se é necesario brindan atención continúa cando se atopa algunha anormalidade no desenrolo".

Ante isto, o partido nacionalista insiste en que "non podemos esquecer tampouco que as actividades de promoción e prevención inclúen: vacinación, atención á familia e controis de crecemento e desenrolo". Por iso, dende o BNG lembra que "é algo que vimos demandando desde hai anos, e que como é evidente a Xunta de Galiza nega ao noso concello, unha solicitude dunha atención que se fai moi necesaria para moitísimas nais e pais que ven como polo tarde e noite só lles queda a posibilidade de acudir ao CHUS ou de ir á privada quen ten capacidade económica de facelo".

Por todos estes motivos, esta formación política propón ao Pleno da Corporación Municipal

a adopción do seguinte acordo: solicitar á Xunta de Galiza dotar ao Centro de Saúde de Lalín de atención de Pediatría polas tardes sen recortar o servizo de mañá.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page