O BNG de Lalín rexeita que o senador do PP Francisco Conde sea comendador da Feira do Cocido
- ecosdacomarca
- 20 feb
- 2 Min. de lectura
"Acaba de apoiar á extrema dereita; é dicir, ao partido VOX para pedir que a lingua galega non sexa recoñecida como lingua oficial na Unión Europea", lamenta o Bloque
Ecos da Comarca/Lalín
O Consello Local do BNG de Lalín tras o coñecemento da intención da alcaldía de propor como comendador con capa na LXII edición da Feira do Cocido "ao Senador do PP Francisco Conde, que fora vicepresidente primeiro da Xunta até que Feijóo o levou consigo para Madrid, por ter sido un dos maiores asesores de confianza do expresidente do Goberno Galego logo da súa actuación de apoiar á extrema dereita; é dicir, ao partido VOX para pedir que a lingua galega non sexa recoñecida como lingua oficial na Unión Europea" rexeita que tal político do Partido Popoular se lle recoñeza mérito para estar na
nómina de comendadores do cocido.

Afirma a responsable Local, Mari Fernández, "que de sempre é sabido que o PP de Crespo ten politizado desde sempre este evento para facer pasear polas rúas da nosa vila en todas as edicións da Feria do Cocido a un importante séquito de militantes e afiliados á dereita española coa coartada de promocionar o concello por medio do prato gastronómico de recoñecido prestixio galego e estatal, no que sempre ten sido motivo e causa de polémica na cidadanía. A ninguén se lle escapa este asunto que desde o BNG non considermaos menor. Nada mellor que ver as designacións feitas para a xornada do próximo domingo 23 de febreiro".
Publicidade
Diante da gravidade da situación, sinala o BNG, "na que ten colocado a lingua propia de Galiza, o galego, que por primeira vez na historia é a lingua menos falada que o castelán; e do cal non é inocente e alleo o vixente Conselleiro de Educación da Xunta, natural e veciño do concello de Lalín, Román Rodríguez, por ter en vixencia e de obrigada aplicación o DECRETAZO DE PLURILINGÜISMO NO ENSINO, Decreto 79/2010 de 20 de maio".
Todo isto, apunta, "co pano de fondo da actuación de Francisco Conde no órgano conxunto do Congreso e Senado denominado Comisión Mixta para a Unión Europea e despois de tratar a proposición non de lei formulada por VOX para instar literalmente ao Goberno de España a "cesar de maneira inmediata nos seus esforzos por establecer a oficialidade das linguas rexionais españolas nas institucións da UE". Iniciativa da ultradereita apoiada polo PP, entre outros, polo Senador Francisco Conde, que hai que dicir que aínda que non é vinculante, saíu adiante precisamente tamén polo voto de proposto comendador".
Por isto é que o BNG rexeita "de plano que sexa incluido na encomenda local nesta data do 23 de febrerio no que se conmemora a data do nacemento da poeta nacional de Galiza, Rosalía de Castro. Nada máis vergoñento que se recoñeza por semellante afrenta e desprezo ao galego como un mérito para premiar semellante actitude deste político que despreza a lingua máis falada polas lalinensas e lalinenses".
Comments