top of page

O BNG de Lalín recollerá este sábado sinaturas contra o tarifazo eléctrico

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A mesa de recollida estará ubicada na Praza da Igrexa, en horario de 11:00 a 13:30 horas


Laura Moure/Lalín

Este sábado, día 3 de xullo, o BNG de Lalín iniciará, no marco da campaña a nivel social e

institucional que está desenvolvendo en Lalín nos meses de xuño e xullo, a recollida de sinaturas contra a suba do prezo da luz e por unha tarifa eléctrica galega, que faga máis

asequible o prezo que pagan os veciños e veciñas pola electricidade.


Segundo explicou o portavoz municipal, Francisco Vilariño, “hai un profundo malestar por esta suba do prezo da luz, que ao mesmo tempo coincide coa presentación de proxectos de macro parques eólicos no noso concello, como non se vía desde hai anos”. “O goberno español de PSOE e Podemos aprobaron unhas tarifas eléctricas que incrementará os beneficios das eléctricas a costa de empobrecer ao conxunto das clases traballadoras”, explicou.

Sinala que o concello lalinense "vaise ver especialmente afectado debido a que a totalidade das explotacións gandeiras verán incrementada a súa factura nun 40%, xa que os horarios do periodo punta da tarifa coinciden coas tarefas de alto consumo enerxético. Tamén a hostalería, comercio, perruquerías, etc (duramente castigadas pola Covid) e o resto de PEMES, sectores económicos moi importantes en Lalín, sufrirán igualmente as nefastas consecuencias porque a súa actividade desenvólvese necesariamente durante as horas de maior custo da enerxía".


A recollida de sinaturas está prevista que arranque este sábado 3 de xullo, aproveitando a feira, “xa que é un día no que se concentra un gran número de veciños e veciñas na vila”. “Con todo”,explicou Francisco Vilariño, “a recollida de sinaturas vai dirixida á Xunta de Galiza e vai máis alá de amosar a nosa disconformidade contra a estafa eléctrica, senón que instamos á administración autonómica a moverse para abaratar a factura da luz a todos os galegos e galegas, de maneira que se compense o papel de Galiza como excedentaria na produción eléctrica e o forte impacto ambiental e social derivado do noso papel de produtor eléctrico”.


“Por outra parte”, engade o concelleiro do BNG, “pedimos tamén que o IVE da factura da luz pase ao 4%, xa que entendemos que a electricidade é un ben de primeira necesidade e non pode ter impostos tan disparatados”. Nesta solicitude de rebaixa de impostos na factura da luz os partidos estatais “están a unha” afirma Francisco Vilariño, “xa que para estes prima máis o afán recadatorio, que aliviar a factura da luz dos veciños e veciñas”.


Ademais, o BNG aposta pola creación dunha empresa pública galega de enerxía, “inicialmente integrado polos encoros que vaian rematando o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page