top of page

O BNG de Lalín reclama unha rebaixa dos principais impostos e taxas municipais

13 sept
3 min de lectura

A formación tamén reclama un informe sobre a recadación actual e a creación dunha mesa de traballo para deseñar un novo plan fiscal para os vindeiros anos


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal insta ao Goberno municipal a aplicar unha rebaixa nas principais taxas e impostos para aliviar os recibos das familias. A formación tamén reclama un informe sobre a recadación actual e a creación dunha mesa de traballo para deseñar un novo plan fiscal para os vindeiros anos.


O BNG de Lalín sinala que a veciñanza de Lalín "está a soportar unha elevada presión fiscal por parte do Concello de Lalín. Lonxe de procurar o benestar e a mellora da calidade dos servizos acorde cos impostos e taxas que as veciñas e veciños teñen que pagar por eles, o goberno do PP de Lalín aumentou nos últimos anos a presión impositiva

sobre os e as lalinenses sen que estes vexan a cambio do que pagan mellora algunha nos servizos municipais que reciben".

A veciñanza de Lalín, apunta o Bloque, "está farta de soportar impostos e taxas dos máis elevados dos concellos da nosa categoría na Galiza. Os veciños e veciñas de Lalín soportan unha presión fiscal de 550 euros por persoa, unha cifra “escandalosa” froito do afán recadatorio do PP no Concello de Lalín. Co PP no Goberno local aumentaron nos últimos exercicios“moitos dos impostos e taxas municipais sobre a veciñanza.


Os veciños e veciñas de Lalín, recalca, "pagan hoxe en día máis impostos ca nunca sen ter a cambio mellores servizos. As cifras oficiais falan por sí soas, aumentou un 25% o IBI, o goberno do PP sumoulle a recuperación das plusvalías e o ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras), subiron tamén o importe dos impostos sobre as terrazas nos establecementos de hostalería e os importes das multas e o lixo, entre outros".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E recalca que o resultado está á vista nas cifras oficiais do Concello referidas á recadación no 2025. "O ano pasado o Concello de Lalín recadou polos principais impostos e taxas municipais a cifra récord de 587.000 euros, o que na práctica representa un aumento do 7% na recadación respecto dos datos só do ano 2024. As plusvalías e o lixo representaron o ano pasado dous terzos da alza dos impostos municipais. E mentres o goberno local saquea á veciñanza cunha recadación histórica vía impostos e taxas cobrados aos veciños e veciñas, enterámonos de que o noso concello rachou a regra de gasto e ademais precisa un novo préstamo bancario por máis de 4 millóns de euros. A veciñanza de Lalín, con razón, non entende nada: cada vez pagan máis ao concello, non ven mellorar servizo algún e aínda por riba o concello di que non lle chegan os cartos e ten que endebedar máis aos veciños e veciñas".


No BNG tampouco entenden nada, "porque a pesares de termos pedido as contas claras e explicacións de onde vai cada euro que recada o goberno do PP, sistematicamente néganse a darnos información e a poñer as contas claras sobre a mesa, como corresponde a un goberno democrático e transparente. O que si entendemos no BNG son as críticas das veciñas e veciños polo dano que os impostos e taxas que pagan ao concello está a provocar nas súas economías familiares. A presión fiscal que exerce o goberno de PP sobre as e os lalinenses súmase ao incremento de prezos na cesta da compra, aos combustibles e a electricidade, e aos prohibitivos prezos da vivenda que padece o noso concello".


As veciñas e veciños de Lalín, asegura o Bloque, "non aguantan máis, e non entenden por que o seu concello no canto de axudar bótalles unha man máis ao pescozo. Por iso desde o BNG de Lalín demandamos unha mudanza na política fiscal do goberno do PP, que ten que facerse efectiva de xeito progresivo antes de que remate o ano e ten que pasar necesariamente por rebaixar o nivel impositivo “escandaloso” ao que o goberno do PP somete aos habitantes deste concello".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á adopción do seguinte


ACORDO:

1. Instar ao grupo de goberno local a acometer unha rebaixa nas principais taxas e impostos municipais vixentes, tomando medidas inmediatas que alivien de xeito efectivo os recibos que as veciñas e veciños de Lalín están abonando ao Concello.

2. Solicitar ao goberno municipal un informe detallado da recadación actual destes tributos, para establecer unha mesa de traballo, coa participación de todos os grupos

políticos do consistorio, na que se deseñe un plan fiscal para os vindeiros anos que

teña en conta as demandas da cidadanía e a situación económica, de xeito que a

recadación do concello non rache máis as contas das familias de Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page