top of page

O BNG de Lalín reclama actuacións urxentes na Rúa da Ponte tras escoitar as queixas da veciñanza

"Non pode haber cidadáns de primeira e de segunda en Lalín", sinala Paco Vilariño


Ecos da Comarca/Lalín

Representantes do Consello Local do BNG de Lalín mantiveron este pasado luns unha reunión coa veciñanza da Rúa da Ponte (do tramo onde atravesa o río), na que recolleron numerosas queixas polo estado de abandono que sofre esta importante vía de entrada ao núcleo urbano. Os residentes trasladaron a súa preocupación pola deterioración das beirarrúas, a presenza de fincas sen desbrozar (tanto a nivel público como particular), a falta de mantemento do Rego dos Valados, que cruza a rúa e desemboca no río Pontiñas, e a situación do sendeiro que conecta coa zona do supermercado Mercadona, mal estado do mobiliario urbano, etc.

Segundo denuncia, e o BNG constatou a realidade das demandas veciñais, as beirarrúas presentan fochancas, desniveis e zonas levantadas que supoñen un perigo para peóns, especialmente persoas maiores ou con mobilidade reducida. "Ademais, o rego atópase totalmente obstruído por vexetación e lixo, converténdose", segundo a veciñanza, “nun auténtico foco de ratas e insectos”. Por este motivo, reclaman a canalización do mesmo, e que mentras non se acometa debido á tramitación que require con Augas de Galicia, polo menos, se leve a cabo unha limpeza regular e eficaz do seu cauce, xa que na realidade o estado de abandono fai que semella máis unha selva que unha zona urbana.


Outro dos puntos destacados foi o sendeiro que comunica a rúa coa contorna do Mercadona. A veciñanza relatou aos nacionalistas que en días de choiva, o paso é “totalmente intransitable” e que carece de iluminación, o que compromete seriamente a seguridade do tránsito peonil.


Ante esta situación, o portavoz municipal, Paco Vilariño, amosou a súa total comprensión e apoio do BNG ás demandas veciñais e esixiu ao Goberno municipal que actúe de inmediato. “Non pode haber cidadáns de primeira e de segunda en Lalín. Todos os barrios e todas as rúas deben recibir o mesmo trato e os mesmos servizos básicos, máximo cando as demandas son tan básicas coma as que expoñen”, afirmou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vilariño subliñou, ademais, a importancia estratéxica da Rúa da Ponte como un dos accesos principais á vila. “Estamos falando dunha das portas de entrada a Lalín. A imaxe que ofrecemos a quen nos visita comeza por como coidamos estas zonas. Non podemos permitir que a primeira impresión sexa a dun lugar abandonado”, engadiu. Os nacionalistas fan especial fincapé, proposta que ía incluída no seu programa electoral, que a solución real non pasa por non seguir facendo unha política de parcheo e si por apostar por unha actuación integral de toda a rúa, na que incluso aportan a idea de facela en dúas ou tres fases debido ás súas dimensións e custe.


O BNG comprometeuse a trasladar estas queixas aos órganos competentes e a seguir traballando da man da veciñanza para conseguir solucionar "esta lamentable situación na que se sinten abandonados por parte do Goberno municipal ao non facerlle o máis mínimo caso, chegando incluso a ter que aturar faltas de respecto e contestacións impropias e inaceptables dunha administracións hacia os seus veciños e veciñas".

 






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page