E adicarlle unha rúa co nome “9 de novembro” en memoria de todos eles
Ecos da Comarca/Lalín
O Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno de Corporación Municipal a realización dun acto institucional coa debida solemnidade para con todos os veciños deste municipio que perderon a súa vida por defender a democracia e a legalidade contra os golpistas da extrema dereita na II República Española nos anos 30 e das décadas posteriores até a finalización da Ditadura de Franco.
E ademais adicarlle unha rúa co nome 9 de novembro en memoria de todos eles, especialmente dos seis asesinados na chamada “Volta do Couto” na parroquia e Tenorio en Cotobade.
Comments