top of page

O BNG de Lalín propón que o Concello poña en marcha unha liña de axudas para facilitar o alugueiro de vivenda

“Propomos medidas concretas e factibles para evitar que vivir en Lalín sexa un luxo inalcanzable para moitas veciñas e veciños”, indica Francisco Vilariño


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín demanda un Plan Municipal Facilitador do Alugueiro diante das dificultades que padecen moitas persoas do Concello á hora de

acceder a unha vivenda. Desde a organización nacionalista vogan pola creación dunha liña de axudas para anticipar os pagos das fianzas e permitir a súa devolución en 24 meses sen xuros, especialmente para a mocidade e persoas con baixos recursos.

Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

“Alugar unha vivenda en Lalín é hoxe case unha misión imposible”, denunciou o concelleiro do BNG en Lalín, Francisco Vilariño, que volveu reclamar políticas públicas que “de maneira enérxica” aposten por facilitar o acceso social a unha vivenda ante os numerosos obstáculos que se atopa a veciñanza da Lalín.


Sinala que a vivenda é "unha das principais preocupacións da cidadanía, a crise de prezos que padecemos e a inasumible suma dos tipos de interese nos últimos anos tén convertido o pago da hipoteca ou dun alugueiro nun auténtico quebradeiro de cabeza para todas as persoas. Dende o ano 2016 o prezo dos alugueiros aumentou un 25%, o que supón de media 1.500 euros máis ao ano destinados a pagar este concepto vital, algo totalmente inasumible para as xa maltratadas economías domésticas".


Publicidade


Segundo os últimos datos publicados referentes ao ano 2022 da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, explica o BNG, que "o 28,19% das 11.731 vivendas de Lalín están baleiras, son en total 3.307, ou o que é o mesmo 3 de cada 10. A media de vivendas baleiras en Galiza é do 18%, co que o parque de vivendas de Lalín supera en 10 puntos a media galega nesta problemática. Dos concellos da súa categoría Lalín é, en todo o país, o que ten máis vivenda baleira".


Neste sentido, desde o BNG propoñen que este Plan Municipal inclúa medidas concretas para enfrontar o cada vez maior número de requisitos e esixencias para optar a unha vivenda en alugueiro. Vilariño subliñou que a estas dificultades no acceso hai que sumar o continuado encarecemento da vivenda en Lalín, con incrementos moi importante nos prezos dos alugueiros nos últimos cinco anos que teñen convertido a nosa vila nunha das máis caras da súa categoría de Galiza para vivir. Ademais, lembrou que hoxe hai moi poucas vivendas dispoñibles para alugueiro, sendo practicamente inexistentes as de

nova construción.


Publicidade

Así, o voceiro do BNG afeou o feito de que “vivir en Lalín sexa hoxe un luxo inalcanzable para moitas veciñas e veciños”. Diante desta situación, lamentou "a falla de medidas do goberno de Crespo, polo que insistiu na necesidade de actuacións a nivel municipal para reverter a situación. Tampouco deixou pasar a oportunidade de facer fincapé en asegurar que poñer en marcha esta medida tamén sería clave para poder manter a categoría dos 20.000 habitantes".




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page