O BNG de Lalín propón crear un Consello Municipal da Cultura
- ecosdacomarca

- 18 feb
- 2 Min. de lectura
Para Vilariño é unha aposta para promover a participación e fomentar a cultura en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
O Bloque Nacionalista Galego de Lalín aposta pola creación dun Consello Municipal de Cultura. Para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, sería un órgano de participación cidadá, de natureza consultiva, informativa e asesoramento, e cun obxectivo e finalidade claro, facilitar a participación da cidadanía e canalizar a información das entidades asociativas de carácter cultural nos asuntos municipais nesta materia.

Móstranse desde o BNG moi críticos co que califican de "pírrica e nefasta a política en materia cultural en Lalín", polo que apostan, para darlle un cambio de 180 grados, pola posta en marcha deste organismo para outogar voz ao sector cultural, pasando a formar parte da acción municipal coas súas achegas directas.
Publicidade
Para o BNG sería un órgano que axudaría "dun xeito determinante a mudar un dos principais problemas que ten a cultura no noso concello como é o feble movemento asociativo existente, evidentemente como resultado dunha política de fomento do mesmo nula por parte de Crespo", para Vilariño sería unha ferramenta fundamental para dinamizar a creación de entidades culturais.
A maiores, recollen os nacionalistas unha serie de obxectivos que avalaría a súa proposta tanto, no casco urbano como nas distintas parroquias de Lalín, como parte dunha visión
integradora e global para o conxunto da cidadanía:
Coñecer, debater e opinar sobre as diferentes políticas culturais que desarrolla o Concello para garantizar a participación da cidadanía na mellora das políticas culturais municipais.
Defensa a promoción da lingua galega.
Velar pola defensa e estudio do patrimonio cultural, artístico e histórico de Lalín.
Promover a coordinación entre os sectores da cultura e a cidadanía en xeral.
Configurarse como a ferramenta vertebradora para impulsar, coordinar e difundir unha axenda cultural estable ao longo do ano nas nosas parroquias e vila.
Constituírse en observatorio da vida cultural do concello e promover o debate.
Vilariño fai fincapé en que a súa viabilidade depende única e exclusivamente de que exista por parte do PP vontade política para facela realidade, xa que formarían parte do Consello Municipal da Cultura todas as asociacións e entidades culturais que existan en Lalín e un representante dos partidos políticos con representación municipal.








Comentarios