top of page

O BNG de Lalín propón anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os nacionalistas piden tramitar as axudas no primeiro trimestre para evitar demoras que “estrangulan economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego reclama anticipar a convocatoria e aprobación das distintas subvencións municipais destinadas a entidades sen ánimo de lucro de Lalín. Os nacionalistas piden tramitar as axudas no primeiro trimestre de ano para evitar as demoras de exercicios anteriores que supoñen “estrangular economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos da cidade.

“Estes ingresos son mesmo vitais para garantir que o tecido asociativo poida seguir a desenvolver a súa actividade no ámbito deportivo, social veciñal ou cultural, que ten un

evidente interese público e da que se benefician o conxunto da veciñanza de Lalín”, defende o portavoz municipal do BNG de Lalín, Paco Vilariño.


O voceiro nacionalista puxo en valor o traballo esencial do tecido asociativo á hora de “cubrir as carencias” do Goberno municipal en moitos ámbitos. “Un labor que se desenvolve sobre a achega xenerosa e desinteresada de persoas voluntarias que traballan de maneira gratuíta desenvolvendo un grande esforzo colectivo en favor do ben común”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o BNG cualificaron nese sentido de “inaceptable as situacións vividas nos útlimos anos pola demora na tramitación destas axudas. É así, que as correspondentes ao ano pasado (2024), no caso das subvencións e entidades, por exemplo deportivas ou sociais, no que se tramitaron ao rematar o ano (mes de decembro) e pagáronse hai poucos días, é dicir, no ano 2025", afeou Vilariño, “forzando unha xustificación exprés e atrasando o abono polo peche do exercicio fiscal”.


Estabilidade para o tecido asociativo

O portavoz municipal do Bloque asegurou que axilizar as convocatorias e tramitación destas subvencións vai dar “estabilidade e certeza” ás entidades sen ánimo de lucro, ademais de ser unha obriga facilitar e promover a actividade do tecido asociativo lalinense. “Nun momento no que o Concello conta cun dos orzamentos máis altos da súa historia non hai xustificación para estas demoras tan lesivas, afirma Vilariño.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A fronte nacionalista acusou deste xeito "a falla de xestión de Crespo como u “atranco” para o traballo das entidades". “Esta medida o único que esixe é dun Goberno municipal que actúe como tal e non como unha axencia de publicidade para autobombo e propaganda", remarca o voceiro municipal.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page