top of page

O BNG de Lalín propón anticipar as convocatorias de subvencións a entidades sen ánimo de lucro

Mari Fernández pide tramitar as axudas no primeiro trimestre para evitar demoras que “estrangulan economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego reclama anticipar a convocatoria e aprobación das distintas subvencións municipais destinadas a entidades sen ánimo de lucro de Lalín. Os nacionalistas piden tramitar as axudas no primeiro trimestre de ano para evitar as demoras de exercicios anteriores que supoñen “estrangular economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos da cidade.

“Estes ingresos son mesmo vitais para garantir que o tecido asociativo poida seguir a desenvolver a súa actividade no ámbito deportivo, social veciñal ou cultural, que ten un

evidente interese público e da que se benefician o conxunto da veciñanza de Lalín”, defendeu a responsable local do BNG de Lalín, Mari Fernández Sanmartín.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A responsable nacionalista puxo en valor o traballo esencial do tecido asociativo á hora de

“cubrir as carencias” do Goberno municipal en moitos ámbitos. “Un labor que se desenvolve sobre a achega xenerosa e desinteresada de persoas voluntarias que traballan de maneira gratuíta desenvolvendo un grande esforzo colectivo en favor do ben

común”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde o BNG cualificaron nese sentido de “inaceptable” as situacións vividas nos últimos

anos pola demora na tramitación destas axudas. É así, que as correspondentes ao ano pasado (2025), no caso das subvencións e entidades, por exemplo deportivas ou sociais,

no que se tramitaron ao rematar o ano (mes de decembro) e pagáronse hai poucos días, é dicir, no ano 2025, afeou Mari Fernández, “forzando unha xustificación exprés e atrasando o abono polo peche do exercicio fiscal”.


Estabilidade para o tecido asociativo

A responsable local do Bloque asegurou que axilizar as convocatorias e tramitación destas subvencións vai dar “estabilidade e certeza” ás entidades sen ánimo de lucro, ademais de ser unha obriga facilitar e promover a actividade do tecido asociativo lalinense. “Nun momento no que o Concello conta co orzamento máis altos da súa historia

non hai xustificación para estas demoras tan lesivas, afirmou fernández Sanmartín.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A fronte nacionalista acusou deste xeito "a falla de xestión de Crespo como un “atranco”

para o traballo das entidades". “Esta medida o único que esixe é dun Goberno municipal que actúe como tal e non como unha axencia de publicidade para autobombo e propaganda", remachou a responsable local.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page