top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín presenta unha moción sobre a supresión da zona azul e á aplicación de medidas na rúa Areal

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción relativa á supresión da zona azul e á aplicación de distintas medidas na rúa Areal.


Lembra que o 29 de outubro de 2015, o Goberno de coalición aprobou unha moción que permitía aos veciños e veciñas de Lalín levar a sesión plenaria unha Moción Cidadá, só co máis que asumible requisito de ter o respaldo de 250 sinaturas de persoas empadroadas neste Concello e que tratatran cuestións de intereses público. "Tiveron que pasar nove anos para que esta ferramenta creada para fomentar a participación cidadá na vida política, e polo tanto, aumentar canles democráticos, se convertise nunha realidade que xurde da veciñanza e coa forza indiscutible de case duplicar o número de sinaturas requeridas nun tempo récord, o que evidencia o traballo realizado e a importancia social da mesma".

"Que a resposta do PP sexa negarse, non só a debatela nos dous plenos seguintes a súa presentación como establecía a moción, senón anunciar que ao ter o Alcalde a potestade

de decidir as mocións que se inclúen no Plano municipal e que non existe unha

regulamento sobre dito acordo plenario, o único a amosa desde o noso punto de vista é o

desprezo do Goberno pola veciñanza. Unha decisión política do PP que evidencia que non ten o máis mínimo respecto pola democracia e que utiliza a súa maioría absoluta como un auténtico rodillo contra todo aquelo que non é do seu interese".


"Ao BNG parécenos lamentable que se poida desprezar dun xeito tan soberbio a tantos

veciños e veciñas que amosan unha clara postura sobre a chapuza feita da rúa areal, tanto na realización das obras como na ocorrencia de última hora de implantar a zona

azul. Estamos falando de cuestións tan impostantes como é a seguridade ou medidas que afectan directamente non só aos veciños e veciñas desta rúa , senón aos do conxunto do

Concello. Como xa anunciamos no pleno de xuño, no que o Goberno anunciou que non se ía debater dita moción, trasladamos a través do noso grupo municipal dita moción ao pleno, convencidos da importancia da mesma e onde xa fumos a única forza política que se pronunciou en varias ocasións en contra de tal medida, mais tamén entendemos que a

importancia da mesma sobrepasa incluso a propia temática concreta debido a que o que

estamos defendendo a maiores é que non se lle neguen dereitos á cidadanía e non ter

unha democracia amordazada polo PP".


Por isto, sinala o BNG "queremos plasmar integramente o texto da Moción Cidadá nesta moción do BNG, para que este Goberno covarde non poida evitar un debate que reclaman e está lexitimado por máis de 400 veciños e veciñas".


Publicidade

“Ante a recente remodelación da Rúa Arenal feita polo Concello, o espazo para aparcar

os nosos coches é prácticamente inexistente. O Concello quixo “rehabilitar” unha rúa que, a pesar dos seus defectos, era funcional para os veciños e veciñas. En vez de solucionar problemas, crearon outros. Como a inseguridade que temos para saír á rúa dende os garaxes. Non hai visibilidade en varios deles e hai que aventurarse á estrada, co perigo que conleva.


Fixeron unhas beirarrúas extremadamente anchas pero apenas hai beiravías. Diante dos garaxes non hai ningunha. Co que se un veciño ou veciña quere deixar o seu coche

diante do seu vado para deixar cousas ou a persoas con movilidade reducida, arríscase a recibir unha multa, que está ocupando a beirarrúa. As veciñas e veciños que, coas nosas firmas, apoiamos esta moción, non estamos en contra do avance nin de mellorar as rúas de Lalín.


  • Estamos en contra da considerable merma de zona de estacionamento.

  • Estamos en contra de que se nos limite o tempo para poder aparcar os nosos coches preto das nosas vivendas.

  • Estamos en contra da imposición da ZONA AZUL na rúa Arenal. Consideramos que é un trastorno para seguir coa nosa vida na rúa tal e como levabamos facendo.

  • Estamos en contra de que nos impoñan unhas condicións que, en ningún caso, se falaron coa maioría de veciñas e veciños da rúa Arenal.

  • Estamos en contra da inseguridade para utilizar os garaxes cun mínimo de tranquilidade, sen vernos expostos, en moitos casos, a ter un accidente".


Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación

Municipal a adopción do seguinte


ACORDO:

  • Que non se aplique a ZONA AZUL en toda a rúa Arenal.

  •  Que se habiliten elementos de axuda na visión á hora de saír dos garaxes cunha

mínima seguridade. " Entendemos que non se pode aparcar diante do VADO pero que, se realizamos unha parada para cargar ou descargar, ou para levar a unha persoa con moilidade reducida, ou a unha crianza ao domicilio, as autoridades teñan esto en conta antes de sancionar. Non todos os edificios dispoñen de acceso dende os garaxes e tampouco todas as persoas teñen garaxe para poder facer uso del".

  • Habilitar un espazo de estacionamento de ZONA VERDE. "Isto é só para residentes na rúa Arenal. Se é posíbel, consideramos que o espazo que están a ocupar os escombros preto das canchas de tenis, poderíase adecuar para crear prazas de aparcamento para uso exclusivo da veciñanza".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page