top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín pon en marcha unha campaña para fomentar o comercio local

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín volve de novo, un ano máis, a poñer un marcha a campaña a prol do comercio local. Co lema Merca no Comercio local, Merca en Lalín, o BNG quere animar aos lalinenses a poñer en valor o comercio de proximidade nestes tempos de fonda crise por mor da Covid-19.


O BNG quere animar aos lalinenses a aproveitar as virtudes do comercio local, que ofrece unha ampla oferta de servizos, de calidade e a prezos competitivos, que xunto ca cercanía e o trato persoal, conforman unha marca atractiva perante as grandes superficies comerciais das cidades. Os nacionalistas tamén queren resaltar a importancia do pequeno comercio na economía e na xeración de emprego.

Pretende a posta en valor da marca Lalín, xa non só nas datas de Nadal, que supoñen un volume importante de ventas, senón durante todo o ano, para minimizar as pérdidas pola crise económica, polos longos períodos de peche que tiveron que soportar e pola inoperancia do goberno local.


Con esta campaña de sensibilización de consumo quérese contribuír a frear o peche de tendas e a destrución de postos de traballo por mor da crise económica e da pandemia da Covid-19 que continuou a cebarse con Lalín neste 2021.


"Polo tanto, mercar no comercio local vai en beneficio de todos. Da economía local de Lalín, axudando a manter un tecido comercial forte e atractivo, e xerando emprego na vila, dando saída tamén a moitos produtos xerados na economía local, e ofrecendo aos lalinenses unha oferta variada, cercana, minimizando gastos de desprazamento e tempo, algo tamén a ter en conta nestes tempos de pandemia e de crise económica".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page