O BNG de Lalín pide que se convoque a Xunta de Voceiros para tratar "os problemas de seguridade"
- ecosdacomarca

- 12 jul 2024
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O pasado 4 de xullo o BNG de Lalín solicitaba ao Goberno municipal a convocatoria urxente da Xunta de Seguridade Cidadá para tratar, desde os distintos ámbitos de actuación, "os problemas de seguridade que sufrimos en Lalín sen opter a día de hoxe
ningunha contestación ao respecto". Desde o BNG amosan "a nosa máis profunda preocupación, ao igual que moitos e moitas veciños e veciñas de Lalín, pola crecente situación de inseguridade que se fai evidente no noso concello desde hai moitos meses e que evidentemente nos afecta ao conxunto da cidadanía". Ante iso, agora piden a convocatoria da Xunta de Voceiros.

Nos últimos meses, sinala o Bloque, "detectouse un incremento no número de roubos, tanto na vila coma nas aldeas segundo os propios afectados denuncian, aparecen constantemente censadas persoas en domicilios onde non están realmente vivindo para sorpresa dos propietarios, aínda que se deduce que son moitos os casos no que non todos son conscientes diso (feito especialmente grave polo fondo que conleva), as pelexas nocturnas e incluso polo día aumentaron en número de xeito alarmante, destrozo de mobiliario público, etc. Para a nosa organización todos estos feitos evidentemente crean un ambiente negativo e de preocupación entre os habitantes da vila. Hai incluso zonas do casco urbano onde moitas veciñanza evitan pasear coa súa familia ou simplemente pasar, algo que se agrava no caso das mulleres, situación que se extende durante as horas diurnas e as nocturnas, por sentiren inseguridade ao camiñar pola rúa da súa vila".
Desde o BNG mostran "o noso máis firme compromiso para facer todo o posible para que a veciñanza non se sinta desprotexida, solicitándolle ao goberno que lonxe de mirar cara outro lado, sexa suxeito activo na solución e coordinación desta insostible situación, que londe de menguar o que fai é aumentar co paso do tempo".
Publicidade
"Acreditamos que a solución pasa pola firme e ineludible aposta de sumar como conxunto da nosa sociedade, máis entendemos que por pura responsabilidade temos que ser os partidos políticos os que tomemos a iniciativa e nos sentemos co fin de consensuar e buscar solucións reais e efectivas ao estado lamentable no que se atopa Lalín en canto a merma da seguridade cidadá que sufrimos. O obxectivo que buscamos non é outro, de que de dita xuntanza se deriven medidas urxentes e eficaces que devolvan a seguridade a poboación e garantan que todas e todos os lalinenses se sintan protexidos e protexidas e sen perigo vivindo tanto na vila coma nas parroquias do concello, levando a cabo as súas actividades rutineiras sen sentirse ameazados por situacións de inseguridade derivadas dunha falla de compromiso por parte do goberno do concello de Lalín, que semella deixar pasar este tipo de comportamentos sen tomar medidas precisas para retomar a seguridade cidadá para a veciñanza".
Publicidade
Claro exemplo, explica, "ao noso entender é que desde o 7 de setembro do pasado ano non se volveu celebrar dita Xunta de Seguridade Cidadá e que a posta de medidas para poñer freo ao exposto anteriormente brilan pola súa ausencia". Polo exposto anteriormente, desde o Bloque Nacionalista Galego de Lalín solicitan a convocatoria urxente dunha Xunta de Voceiros para "poder analizar a situación que denunciamos e poñer en marcha todas as accións que desde a institución municipal se poian facer para rematar con esta grave e intolerable realidade".








Comentarios