Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción relativa á declaración de caducidade das licenzas de dous edificios da Sareb. Lembra que a principios do pasado mes desde o BNG de Lalín denunciou e sobre todo, pediu solucións, á grave situación que ten concello lalinense en materia de vivenda. "Lembramos que no pleno municipal de outubro do presente ano, o PP votou en contra dunha moción nosa, na que solicitabamos a construción de vivenda pública, fundamentalmente para réxime de alugueiro, un dos principais problemas que ten o noso Concello na actualidade. Por iso, seguimos esixindo ao PP e ao PSOE do Estado que non sexan os responsables da situación tan grave que padecemos en Lalín polo drama de accesibilidade a unha vivenda digna que moita veciñanza ten".
Para o BNG resulta especialmente significativo o papel do SAREB xa que é unha sociedade participada maioritariamente polo Estado e que os seus bens foron adquiridos polos contribuíntes mediante a emisión de débeda avalada polo Estado, coa finalidade de “xestionar, con compromiso social, os activos inmobiliarios procedentes do saneamento do sector financieiro, polo que os terreos dos que dispón, como solicitamos tamén no pleno de outubro desde o BNG, deberían ser transferidos ao Concello de Lalín con carácter permanente e a título gratuíto para poñelos a disposición da Xunta de Galiza para facer vivienda pública. Pedimos un cambio radical na política de xestión de activos inmobiliarios da SAREB, que poña o foco no aproveitamento público das vivendas e terreos dos que é titular, en lugar de destinar ditos inmobles a ser poxados a fondos de investimento inmobiliario, evidentemente pouco preocupados polo interese público".

Sinala que as licenzas de construción teñen un prazo de caducidade de tres anos para a total terminación das obras. O Concello pode conceder prórroga dese prazo logo de solicitude expresa do titular da licenza. Cada prórroga non pode ser superior a ese prazo de tres anos, ademais non poden interromperse as obras por un tempo superior a seis meses. Transcorrido o prazo de caducidade (do prazo inicial ou das prórrogas concedidas), o Concello está obrigado a declarar de oficio a caducidade da licenza. Esa declaración de caducidade extingue os efectos da licenza. E para que sexa posible rematar a construción, é preciso obter unha nova licenza que deberá ser acorde coa normativa existente no momento de concesión desa nova licenza.
"Desde o BNG lembramos que tras a crise económica posterior á burbulla inmobiliaria, en Lalín, quedaron sen rematar unha serie de promocións. Ademais doutras posibles edificacións menores, en Lalín, a SAREB é propietaria de tres grandes promocións inmobiliarias que están nesta situación e, en conxunto, poderían achegar ao mercado inmobiliario máis de 150 vivendas. Esas grandes promocións están ubicadas en:
- Rúa Otero Pedrayo esquina coa prolongación da rúa Rosalía de Castro.
- Rúa Nuno Eanes de Cercio esquina coa rúa Maruja Gutiérrez.
- Rúa Álvaro Cunqueiro.
"Estas edificacións contaron con licenza de construción que, hoxe, xa están caducadas por ter transcorridos sobradamente os prazos de caducidade, mais o PP non declarou a caducidade destas licenzas". "Nas case dúas décadas transcorridas dende a concesión da licenza caducada ata a actualidade foi promulgada numerosa normativa máis esixente coa calidade ou condicións esixidas nas vivendas. Tal é o caso das Normas do Hábitat ou do vixente Código Técnico. Hai practicamente dous meses que advertíamos da situación e poñíamos prazo de solución por parte da SAREB para que estos activos se puxeran ao servizo do interese xeral do conxunto da cidadanía, non obtendo ningún tipo de resposta por parte do goberno local nin da SAREB".
"Aclarar que a obtención dunha nova licenza acorde á normativa actual, implicaría un gasto
considerable para a SAREB. Nalgún suposto, debería incluso derrubar parte da edificación que está sen rematar, para poder cumprir coa normativa existente, dando maior amplitude a patios interiores, maior luminosidade ás vivendas, etc. Por tal motivo, é evidente que se esistira un mínimo de responsabilidade sobre dito patrimonio público, a SAREB tería que ter moito interese en que o Concello non declare a caducidade desas licenzas".
Publicidade

Para o BNG é moi importate que a SAREB remate estas tres grandes promocións, simultaneamente, a prezos asequibles e na maior brevidade posible, polo menos, estaría
poñendo no mercado un importante número de vivendas que podería a moitas familias ter
acceso a unha vivenda e ao mesmo tempo contribuír a rebaixar os excesivos prezos de
mercado existentes en Lalín por mor da escaseza de vivenda dispoñible. "Mais para a realidade é a contraria, a SAREB está utilizando eses activos para especular, sendo parte activa en manter os prezos de mercado nos actuais niveis non asumibles pola maior parte das familias lalinenses".
Desde o BNG sinalan que "é indecente que a SAREB se adique a ir poñendo no mercado, pouco a pouco e de xeito escalonado, tales promocións co obxecto de que non baixen os prezos de venda das vivendas e así especular con elas sacando a maior plusvalía posible, feito este que imcumpre totalmente o fin da mesma, clara mostra deste xeito de actúar é que recentemente sacáronse á venda as vivendas do inmoble de Otero Pedrayo, mentres ten abandonadas as outras promocións ou incluso nun estado lamentable como é a edificación da rúa Álvaro Cunqueiro". "Para nós a falta de vivienda, é un dos maiores problemas que ten Lalín, e por iso consideramos que é responsabilidade do Concello liderar e coordinar todas as actuacións que se fagan neste eido. As nosas prioridades pasan por solucionar o problema da vivienda aos sectores en situación máis precaria, tamén mellorar a calidade das vivendas actuando sobre a rehabilitación e impulsar as cantidades e tipoloxías de Vivendas de Protección Oficial e Promoción Pública".
Publicidade
Por todo isto, desde o BNG de Lalín insta ao goberno municipal a que ofreza un ultimatun á SAREB para que retomara inmediatamente de xeito simultáneo a construción de todas estas edificacións e, de non ser así, que o Concello declarara a caducidade das licenzas correspondentes. Ao mesmo tempo, lembra que "anunciamos que se o PP non actuaba como solicitamos nos prazos de tempo sinalados, seríamos os nacionalistas os que solicitaríamos que ditas licenzas caduquen para por fin ao que calificamos de intolerable política especulativa na que o PP de Lalín é cómplice e partícipe evidente da mesma".
Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.- Declarar a caducidade das licenzas das dúas construcións do SAREB situadas na rúa
Nuno Eanes de Cercio esquina coa rúa Maruja Gutiérrez e a de rúa Álvaro Cunqueiro.
Kommentare