top of page

O BNG de Lalín pide datos sobre o estado actual da tramitación dos eólicos que afectan ao concello

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín rexistrou este luns no consistorio unha serie de preguntas dirixidas á Dependencia da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para darlle traslado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). A través destas demanda información sobre o estado actual da tramitación dos eólicos que afectan ao municipio lalinense.

O BNG durante o rexistro das preguntas.

Hai uns días anunciábase que a Xunta de Galicia rexeitou os parques eólicos de tramitación ministerial que afectan ao concello de Lalín, Galerna (56 MW), Brisa (61,6 MW), Cefiro (56 MW), Monte dos Porcallos (56 MW), e Val de Folgoso (56 MW)."Tratándose dunha tramitación da Administración Xeral do Estado, por medio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e que, polo tanto, entendemos que ten a competencia exclusiva para resolver as súas autorizacións. Polo que o antedito anuncio da Xunta, no que se informa negativamente, non tería efecto real, non resultaría vinculante e nin suporía, a día de hoxe, garantía de que estes parques eólicos sexan finalmente desestimados", considera o BNG.


Insiste en que, tal e como anteriormente teñen achegado "nas nosas propias alegacións para os Parques Eólicos de Porcallos e Val de Folgoso, extensíbel ao de Cefiro (por ser coincidente co de PE Porcallos) que o desenvolvemento destes parques eólicos, prevén ocupar maioritariamente unha importante superficie agraria útil, así coma localizarse a

distancias mínimas de numerosas explotacións agropecuarias diversas (produción leiteira e cárnica vacún; cárnica porcino; cárnica aviar), e resultarían incompatibles coa disposición normativa referida á protección, uso e ordenación territorial, prevista na Lei 4/2015, de 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galiza". Concretamente apunta que:

  • Coa previsión de “mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galiza, de acordo con criterios de ordenación axeitada e sostible das mesmas e dos seus cultivos e aproveitamentos, calesquera que sexan estes, baixo a perspectiva da súa utilidade económica e social, co fin de fixar a poboación no medio rural en orde a facer rendíbel a actividade produtiva”.

  • Coa previsión de "ordenar axeitadamente a estrutura territorial agraria e mitigar os efectos prexudiciais sobre a estrutura das explotacións por causa da execución de grandes obras públicas ou de explotacións de coutos mineiros”.

  • Coa previsión de “facilitar a adecuación territorial de áreas con elevados valores medioambientais ou paisaxísticos, ou ben coa presencia dalgún elevado risco ambiental, de tal modo que se potencie a conservación permanencia de ditos valores ou se reduza a potencial incidencia do risco, a través da reorganización espacial funcional da estrutura territorial existente”.

  • Coa previsión de “incrementar a sustentabilidade, competitividade e desenvolvemento integral do territorio rural mediante actuacións intensivas”.


Por todo o exposto, solicita:

  1. Cal é o estado actual da tramitación dos Parques Eólicos que afectan ao Concello de Lalín, Galerna, Brisa, Cefiro, Porcallos, Val de Folgoso?

  2. Ten capacidade a Xunta de Galiza para desestimar estes parques eólicos, tal como podería desprenderse do seu anuncio?

  3. Vai desestimar o Ministerio a autorización de construción e a aprobación destes proxectos?

  4. De ser así, tal e como desde o BNG vimos solicitando que se faga con carácter urxente debido á alarma e preocupación social existente polas nefastas consecuencias que tería para a veciñanza do noso Concello, cando se vai facer oficial dita desestimación?

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page