top of page

O BNG de Lalín pide adaptar o PXOM ás necesidades da veciñanza nas parroquias

Ecos da Comarca/Lalín

Desde o BNG de Lalín relatan que hai máis de dúas décadas da aprobación en 1999 do vixente PXOM para o Concello de Lalín no que, como en todos os planeamentos se fixeron varias modificacións puntuais, estudos de detalle e adaptacións ás normativas de rango superior supramunicipal como a Lei do Solo, etc.  "Para o BNG nas parroquias do noso rural, fáise necesario, logo de máis de 25 anos, que se proceda a unha revisión en profundidade para acomodar esta importante ferramenta legal do urbanísmo coa que conta o Concello de Lalín á realidade presente".


O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, valora necesario un traballo de campo coa participación dos viciños e veciñas residentes e propietarios nas aldeas das diferentes

parroquias que recolla as súas demandas e suxerencias para flexibilizar as dúas posibilidades máis realistas que poidan ser precisas.

"Neste senso, en algúns lugares será necesario proceder a unha ampliación do solo de núcleo rural que posibilite a contrución de vivendas unifamiliares con certa e prudente dispersión; e noutros casos, o que é evidente e urxente será proceder a unha redución do perímetro que inicialmente foi aprobado por carecer totalmente de interés para os seus propietarios xa que só lles trae como consecuencia o gran prexuízo de ter que pagar un IBI de solo urbano pola valoración do Catastro lonxe de toda realidade obxectiva", sinala o Bloque.


O obxectivo do BNG é favorecer e propiciar as actividades agrarias e gandeiras, "importantísimas e vitais para a saúde económica dos nosos veciños e veciñas no rural e tamén porque é onde se produce a materia prima primordial para eses componentes de

alimentos de produción cárnica, hortalizas, tubérculos e legumes, e os lácteos que dan

como resultado a elaboración do noso prato de cociña por excelencia como resulta ser o

Cocido de Lalín, por tanto, aparte que fan desde o BNG unha aposta por seguir demandando o desenvolvemento das concentracións parcelarias en trámite e incluso propiciar outras máis que poidan aportar superficie agraria para as explotacións nas

parroquias de maior carga gandeira e de concentración de granxas".


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Vilariño afirma que é moita a veciñanza que residen no casco urbano e dispoñen de propiedades de superficie que poderían ser aptas ou idóneas para a contrución dunha vivenda, atópanse coa realidade da vixente normativa do PXOM que lles pon trabas ou atrancos para facer realidade os seus desexos de poder trasladarse a vivir a unha aldea ,

que moitas veces, son en parcelas que herdaron da súa familia, isto é; dos seus pais ou

dos seus avós.


"Claramente, estas dúas variábles, incluso unha terceira que sería non modificar certos

núcleos, teñen que ser ponderadas co seu correpondente estudio e viabilidade no que a participación veciñal é fundamental. Aínda que non se pode facer unha normativa urbanística á carta de cada veciño; si, desde a administración máis proxima como é o Concello se debe facilitar estas aspiracións lexítimas da nosa cidadanía que aposta polo

rural. Así será mellor incluso para o cuidado das zonas naturais e reverter o

despoboamento que se está a sufrir na maior parte da Galiza interior", salienta o nacionalista.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG acreditan que se pode "ter un rural vivo e produtivo, sempre e cando, se fagan políticas activas que faciliten o asentamente e pervivencia da poboación no que son as numerosas aldeas (máis de 300) do noso extenso Concello". Afirman os nacionalistas que "todos concordamos que moito do noso presente é consecuencia da historia de estas aldeas e que incluso moito do noso futuro dependerá do mantemento da poboación nas parroquias".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page