top of page

O BNG de Lalín pide a inmediata apertura das piscinas e a posta a punto da praia do Pozo do Boi

Ecos da Comarca/Lalín

O portavoz municipal do BNG de Lalín, Paco Vilariño, manifesta a súa preocupación "pola falta de previsión do Goberno local fronte á intensa vaga de calor que está a afectar ao noso concello nestes días, con temperaturas que superan os 30 graos e que foi motivo de numerosas queixas da veciñanza" que lle trasladaron ao BNG de Lalín.

Xente no Pozo do Boi o mércores pola tarde.
Xente no Pozo do Boi o mércores pola tarde.

"A estas alturas do mes de xuño, resulta inxustificable que as piscinas municipais permanezan pechadas (con data de apertura do 1 de xullo) e que a praia fluvial do Pozo do Boi non estea acondicionada para o seu uso", esta última é outra clara mostra, denuncian os nacionalistas, "debido a que só require da colocación da presa e

acondicionamento do entorno, sendo moitos os veciños e veciñas que nestos días fixeron uso da mesma nunhas condicións lamentables".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Afirman desde o BNG que a veciñanza precisa espazos públicos axeitados para refrescarse, protexerse do calor e desfrutar do tempo de lecer sen ter que desprazarse a

outros municipios ou simplemente non ter ningunha alternativa posible. Vilariño fai fincapé en que as altas temperaturas non pillan por sorpresa. Levan días anunciadas polas previsións meteorolóxicas, polo que non se entende que o Concello non tivera xa todo preparado para abrir as instalacións acuáticas, como sería desexable e lóxico a mediados do mes de xuño cos antecedentes sinalados.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG esixen ao Goberno municipal a apertura inmediata das piscinas e a posta a

punto da praia do Pozo do Boi, con todas as garantías de limpeza, vixilancia e seguridade. Para o seu voceiro municipal "a falta de previsión e de planificación repítese

ano tras ano, deixando sen alternativas a moitas persoas, especialmente a nenos e

nenas, maiores e colectivos vulnerables". Para o BNG o benestar da veciñanza debe estar "por riba da desidia organizativa. O Goberno de Lalín non pode seguir ignorando as necesidades máis básicas da cidadanía en pleno verán e coa falta de alternativas existentes, máximo cando desde o pasado ano, o Goberno municipal aprobou unha taxa para cobrar polo uso das piscinas".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page